O GarañónSeguridadtransparencia

El PP reclama medidas para garantizar la seguridad e impedir el acceso al Garañón

By 11 marzo, 2020No Comments

El último incidente inscrito esta semana motiva, una vez más, la preocupación del Grupo Popular por esta obra que está parada e inacabada

Os populares pedirán explicacións en Comisión sobre as medidas de seguridade que desenvolve o Concello para garantir o peche perimetral e impedir  o acceso aos lucenses ás torres do Garañón. O Grupo Popular asegura que o caso que se detectou esta semana “onde se grabaron a cidadáns lanzando pedras dende o alto dunha desas torres non é algo illado xa que con frecuencia se detecta a presenza de mocidade” polo que reclama que o goberno local tome cartas no asunto.

O voceiro do PP Ramón Carballo pregúntase “de ocorrer un accidente, que responsabilidade tería o Concello? xa que ainda que obra está precintada polo xulgado suponse que a autoridade local debe velar para que non se acceda a unha propiedade privada”.

Os populares insisten en que  tal e como está o edificio, inacabado, supón un grave perigo para os  entran nel xa que “no interior hai ocos de escaleiras e zonas sen pechar que supoñen un gran risco, co agravante que o edificio se atopa no entorno de varios centros educativos onde estudan menores”.

O Grupo Popular, en reiteradas ocasións, advertiu que era preciso adoptar medidas para previr que pode ocorrer algún problema grave de seguridade en O Garañón, tendo en conta de que con frecuencia acceden persoas a esta construción inacabada.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies