Deportes

El PP reclama la creación del Consejo Municipal de Deportes para que elabore el reglamento de uso de las instalaciones deportivas

By 10 octubre, 2019octubre 11th, 2019No Comments

El concejal del Grupo Municipal del PP Óscar Poy anunció que su grupo llevará de nuevo al pleno una moción para que el Ayuntamiento de Lugo leve adelante la creación de las bases que rijan lo reparto de las instalaciones deportivas municipales entre los clubes ante la gran demanda existen y las pocas horas disponibles

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Óscar Poy, lamenta as tensións xurdidas nestes días entre diferentes clubes lucenses a raíz do reparto das instalacións deportivas da cidade para que as entidades poidan realizar os seus adestramentos. Problemas que, a priori, “poderían minimizarse” coa creación dun regulamento de uso das instalacións deportivas municipais, algo que xa se emprega noutras cidades de España, como poden ser Cádiz ou Zaragoza, e que se acordo uno Concello de Lugo, a raíz dunha petición plenaria impulsada polo Partido Popular.

Óscar Poy afirma que é preciso acadar un reparto “xusto, proporcional e equitativo” para as organizacións deportivas do municipio, “a pesar de que somos coñecedores de que nunca se poderá satisfacer as necesidades de todos os clubes”. Por iso, pediremos ao pleno a creación e convocatoria do Consello Municipal de Deportes para que, entre os representantes de todos os grupos, “abordemos, en primeiro lugar, a creación do regulamento de uso das instalacións deportivas municipais”.

O edil popular lamenta “o deixamento” do anterior goberno local e tamén do actual, xa que o acordo plenario que se tomou en xuño de 2018 foi por unanimidade e, á vista dos feitos, “nin PSOE nin BNG fixeron absolutamente nada” por impulsar este regulamento para “tentar corrixir a situación que se vive nas instalacións deportivas municipais”.

O concelleiro popular denuncia que nos últimos anos son moitos os clubes e asociacións que cualificaron de “inxusto” o reparto das instalacións deportivas o que provoca que ao longo da temporada estas entidades perdan integrantes xa que hai horarios nos que os xogadores teñen que atender as súas obrigas educativas, polo que “habería que tentar axudar a todos por igual”. “Temos que sentar as bases que rexa no reparto das horas, en lugar do sistema actual, que é unha ausencia total de criterio”, sinalou.

Óscar Poy ve “moi beneficiosa” a creación do regulamento de uso das instalacións deportivas municipais, xa que deste xeito haberá uns baremos que marcarán as regras ás que terán que adaptarse todas as entidades que desexen empregar as instalacións deportivas e “baixo o noso punto de vista é o principal camiño para fomentar o deporte base”.

Pero a creación dun regulamento de uso das instalacións deportivas municipais non é a única vía para axudar a todos os clubes, xa que ante a saturación que sofren todas as instalacións deportivas o máis útil sería que o Concello de Lugo se decidise pola creación dun novo polideportivo multidisciplinar na cidade.

Ademais, no Grupo Municipal Popular “estamos convencidos” de que se queremos potenciar o deporte de base é preciso mellorar as dotacións deportivas e incorporar novos espazos de adestramento e competición, xa que neste momento hai clubes que teñen que alugar pistas, ou que se ven obrigados a compartir infraestruturas deportivas. “Durante a campaña das pasadas eleccións xa anunciamos a nosa intención de crear un novo pavillón polideportivo multidisciplinar para dar cobertura á gran demanda que hai en Lugo para a práctica do deporte de sala, unha medida que seguimos a pensar que é moi necesaria, da que tamén hai un acordo plenario tomado por unanimidade e á que habería que dar cumprimento”, sentenciou.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies