El PP propondrá consensuar un homenaje en recuerdo a las víctimas del Covid-19 y de los ciudadanos anónimos que nos cuidaron durante la pandemia

El PP instará al gobierno local, cuando todo vuelva la normalidad, a acordar con el resto de los partidos de la corporación “un reconocimiento a las víctimas que se está cobrando en el municipio esta crisis sanitaria, así como un acto que visibilice el papel de los sanitarios, trabajadores de residencias de la tercera edad, ejército español, fuerzas y cuerpos de seguridad, personal de limpieza, transportitas, sector de la alimentación, medios de comunicación …”

O Partido Popular proporá, unha vez que volvamos á normalidade, acadar un acordo con todos os partidos políticos da corporación para deseñar unha homenaxe “en lembranza das vítimas que se está cobrando, en Lugo, o coronavirus” e que á vez serva como “recoñecemento a todas as persoas anónimas que traballaron e traballan durante esta crise sanitaria para protexernos a todos os lucenses”.

Dende o Partido Popular solicitarán que se deseñe unha homenaxe que pode ben podería ser dende un recital; colocar unha placa nun espazo emblemático do municipio, unha misa solemne na Catedral ou designar no rueiro unha vía con nome dos Heroes do coronavirus, entre outras ideas e que servirían “como xesto de lembranza e tamén en sinal de agradecemento a todos os colectivos esenciais que están a traballar durante o Estado de alarma”.

Para os populares esta homenaxe visibilizaría o papel que teñen sanitarios, persoal das residencias de maiores, exército, forzas e corpos de seguridade, limpiadoras, repartidores, sanitarios, transportistas, medios de comunicación … nesta crise do coronavirus.

“É indiscutible o espíritu de servizo, a exemplaridade e profesionalidade de todos eles” matizou o voceiro popular quen engadiu que “o que pretendemos, con esta iniciativa, é  materializar as ovacións e os aplausos diarios nos balcóns devolvéndolles o noso agradecemento por estar ahí cando máis os necesitábamos”. Ramón Carballo afirma que todos estes colectivos “ben merecen unha homenaxe pola súa actuación durante todo este periodo de confinamento tanto desinfectando rúas,  coidándonos no hospital, proporcionándonos alimentos …”.

Responder

12 − 9 =