El PP propone ayudas alimentarias para celíacos con escasos recursos

La concejal popular propone campañas de divulgación en colaboración con la Asociación Gallega de Celíacos y concurso de tapas accesibles en colaboración con la Asociación de Hostelería

O Partido Popular propón un paquete de medidas para os lucenses que sufren celiaquía ou outras intolerancias ou alerxias alimentarias vexan melloradas as súas condicións de vida.

No caso da celiaquía “estamos a falar dunha problemática, cada vez é máis frecuente, e que en Lugo xa afecta a máis dun millar de persoas”. A concelleira María del Carmen López Silva “está demostrado que os cidadáns que padecen algunhas destas intolerancias (como os celíacos) gastan máis na cesta da compra porque o tratamento da súa enfermidade é seguir unha dieta estrita toda a súa vida”. “Por exemplo, segundo o informe anual de FACE (Federación da Asociaciones de Celíacos de España) no caso dunha persoa celíaca hai unha diferencia de gasto de 1.000 euros máis ao ano”, aclarou a edil do PP.

Co ánimo de colaborar cos afectados pola celiaquía, así como coas persoas que padecen outras intolerancias ou alerxias, pedimos que “a administración local se poña as pilas para atender ao aumento enfermos que hai no concello”. “Aplaudimos, por parte do concello, a realización para os colectivos afectados de actividades festivo lúdicas como, por exemplo, merendas e chocolatadas sen glute, pero nós propoñemos ir máis alá e queremos que se faciliten solucións que minimicen as repercusións económicas que supón padecer esta enfermidade así como actuacións que melloren o seu día a día” explicou a concelleira.

María del Carmen López Silva manifestou que “a cifra de afectados en Lugo supera un millar e que o número de diagnosticados, segundo a Sociedade Española de Patología Digestiva, está aumentando nun 30% cada ano. Nese senso propoñemos que o pleno de Lugo apoie a seguinte batería de medidas de competencia local asi como peticións para reclamar sensibilidade con este colectivo a outras administracións”.

– Establecer un programa baremado de apoio ás familias con escasos recursos económicos que teñan algún membro que padeza a enfermidade celíaca facilitarlles lotes mensuais de produtos alimenticios básicos sen glute.

– Promover en colaboración coa Asociación Galega de Celíacos unha campaña de divulgación sobre a celiaquía e concienciación dende idade temprana. Sería interesante que estas campañas informativas se desenvolvan en colexios así como para determinados colectivos como profesorado e hostalaría especiamente empresas que deseñan os menús escolares.

– Promover en colaboración coa Asociación Provincial de Hostelería unha nova edición do concurso de tapas accesibles onde se ofertarían tapas para persoas con intolerancias e alerxias alimentarias.

– Políticas de apoio á pequena e mediana empresa para que oferte platos e menús adaptados a persoas con celiaquía ou outras intolerancias alimentarias que podería consistir no deseño dun mapa de establecementos de restauración con oferta gastronómica adaptada para que tanto lucenses ou turistas, poidan xantar na rúa coa mesma seguridade e confianza que o fan na súa casa.

– Solicitar á Deputación de Lugo a edición dunha guía gratuíta de información sobre este tipo de enfermedades, que achegue información sobre dietas e outras nocións básicas para evitar intoxicacións alimentarias así como información para saber distinguir os produtos que son seguros. Este documento se podería facilitar nos centros educativos, nos establecementos de restauración así como ao público en xeral.

– Solicitar ao goberno central baixar o IVE dos productos alimentarios sen glute, cuxo custe supón ata un 200% do gasto adicional para as persoas celíacas co obxecto de que o prezo dos alimentos sen glute se igualen co dos seus homólogos con glute.

Responder

quince − cinco =