Cultura

El PP pregunta los motivos por los que la Casa de los Mosaicos no reabrió en esta etapa post covid

By 9 julio, 2020julio 10th, 2020No Comments

La concejala popular Beatriz Vázquez recuerda que este es uno de los museos más visitados y que dado que en este momento es imposible acceder deberían, como mínimo, señaliza que está fuera de servicio

O Grupo Municipal do PP preguntará en comisión “cales son os motivos polos que a Casa dos Mosaicos permanece pechada ao público, e en que prazo estima o goberno local que se poderá permitir o acceso a visitantes”. A concelleira popular Beatriz Vázquez lembra que esta sala, situada na rúa Doutor Castro, é un dos museos con máis éxito da rede museística local e, por ese motivo, bota en falta que nin tan sequera se sinalice no exterior “a título informativo que está fóra de servicio”.

Outra das suxestións que presentará o PP á comisión é un rogo relativo aos folletos informativos que se distribúen nos museos municipais. A concelleira Beatriz Vázquez indicou que como neste momento estes dípticos están esgotados e só se dispón dun xenérico “sería interesante facer unha reedición dos unitarios porque o común incorpora unha información demasiado escueta”.

Outro folleto que está a piques de esgotarse é o das rutas accesibles en Lugo feito en colaboración con Auxilia no que se indican varios itinerarios para visitar os diferentes monumentos da cidade en cadeira de rodas. Por este motivo, os populares tamén instan a que o concello volva a editar este folleto.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies