El PP pide una reparación en profundidad y periódica de las calles adoquinadas de Lugo

By 3 marzo, 2020 Obras, Urbanismo

El concejal popular Rafael Pérez Prado explicó que cuándo llueve los lucenses no se libran de los charcos que aparecen en estas vías donde el pavimento adoquinado está hundido “unas veces por mala ejecución de la obra y otras por el paso de vehículos de reparto de tonelaje”

O Partido Popular denuncia o afundimento de adoquíns na rúa Soto Freire e achaca esta situación “a que se trata dunha obra que quedou mal executada” lembrado xa que “esta vía leva aberta tan só dende hai dous anos”. O concelleiro popular Rafael Pérez Prado asegura que tal e como está Soto Freire “semella que a inauguraron hai máis dunha década” indicando que “a imaxe de deixadez se agrava cando comprobamos que das sete árbores que se plantaron só sobrevive unha”.

Pero o problema dos adoquíns afundidos non é exclusivo desta vía “é unha tónica noutros puntos da cidade” como por exemplo na praza de Alacante onde hai pozas que obrigan aos veciños a ter que mirar para o chan cando caminan senon queren enchouparse.

O edil do PP tamén explicou que en Campo Castelo as salpicaduras de auga son diarias xa que ainda que non chova como se rega a zona a primeira hora os lucenses que pasan por esta zonan non se libran de mollarse”, sinalou a edil popular.

Para o Partido Popular estas vías son tres exemplos que mostran o deterioro do pavimento que hai na cidade “no caso de Soto Freire son consecuencia dunha mala execución da obra que se intenta solventar con parches e arranxos puntuais; na Praza de Alacante ou mesmo no casco histórico o afundimento podería estar provocado polo paso de vehículos, algúns deles, como os de repartos, de bastante peso”.

Dende o PP, e tendo en conta o reforzo feito na brigada de obras, solicitan que se faga unha planificación para reparar en profundidade e de forma periódica as vías con adoquíns que hai na cidade.

Responder

16 + dos =