El PP pide el refuerzo del personal del cementerio de San Froilán ya que hay dos plazas aún sin cubrir

By 28 junio, 2020 Personal

La concejal del Grupo Municipal del PP Sagrario Sánchez recuerda que hay dos plazas de oficial sepulturero sin cubrir, dos vacantes que de cubrirse ayudarían a mejorar las condiciones laborales de estos trabajadores y, incluso, ampliar servicios, como la apertura del camposanto los domingos a la tarde

A concelleira do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Sagrario Sánchez, pide ao goberno local que reforce o plantel de persoal do cemiterio, xa que na actualidade o persoal non é suficiente para garantir os descansos do persoal cando algún dos traballadores está de vacacións, o que provoca que se dean situacións nas que o persoal non pode descansar nas fin de semana.

Sagrario Sánchez explica que segundo a última RPT municipal no plantel do cemiterio hai dúas prazas de oficial sepultureiro sen cubrir, dous traballadores esenciais para mellorar as condicións laborais destes traballadores e, se é posibles, ampliar servizos como o da apertura do camposanto os domingos á tarde xa que Lugo, xa que un camposanto como o de Lugo, do que o goberno local debería presumir e promocionar non abre os domingos á tarde. Deste xeito está a limitarse o necroturismo, unha modalidade en alza, e na que Lugo podería entrar de cheo “xa que temos un dos camposantos máis fermosos” do país.

A concelleira popular recorda que o cemiterio é “un servizo esencial” e aínda que na actual RPT figuran 7 operarios tan só hai 5 persoas traballando. Neste senso, Sagrario Sánchez destaca o enorme esforzo  do persoal do cemiterio xa que pese a estar en moitas ocasións ao límite, sempre manteñen en magníficas condicións o camposanto.

Responder

trece − 4 =