El PP pide el asfaltado de la pista que une la Garaballa de Abaixo con la calle Camiño do Souto

By 27 junio, 2020 Urbanismo

Los concejales del Grupo Municipal del PP explican que se remitirá un ruego a comisión para que el gobierno local arregle esta pista, ya que se trata de uno paso que los vecinos utilizan con frecuencia para acceder al barrio de las Gándaras

Os concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo piden o arranxo inmediato da pista que une a Garaballa coa rúa Camiño do Souto, unha pista que se atopa “en moi mal estado” e pola que non poden pasar dous coches ao mesmo tempo.

Os concelleiros populares explican que o Concello de Lugo xa realizou unha actuación nesta pista hai uns anos, unha intervención que non  paliou ás deficiencias que presentaba naquel intre xa que como se pode comprobar o estado no que se atopa na actualidade “é nefasto”. Por iso, os populares presentarán un rogo en comisión para que se realice o asfaltado en quente desta pista e se realicen outras intervencións, como a colocación dunha varanda, ou outro elemento de seguridade, para evitar calquer accidente ao paso dos vehículos por unha ponte.

Desde o Grupo Municipal Popular tamén consideran necesario a colocación dun espello no cruce desta pista coa rúa Camiño do Souto xa que a visibilidade “é moi limitada” e os vehículos teñen que asomarse moito para comprobar se vén algún vehículo ou non para poder incorporarse a esta vía.

Responder

dos × cinco =