El PP pide al gobierno local a cesión de ordenadores del Ayuntamiento sin uso a familia con pocos recursos

By 16 mayo, 2020 Educación, Servizos xerais

El concejal del Grupo Municipal del Partido Popular Javier Vázquez señala que el gobierno local podría entregar los ordenadores propiedad del Ayuntamiento que se encuentren sin uso y los que se retiraron en la última renovación de equipos informáticos para facilitar el acceso a los contenidos educativos la aquellos estudiantes que, por diversas razones, no pueden acceder a los mismos

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Javier Vázquez, propón ao goberno local a cesión de ordenadores sen uso que sexan de propiedade municipal para que aquelas familias con menos recursos teñan a opción de acceder a todos os contidos que os centros educativos están a distribuír diariamente ao alumnado para poder seguir o curso escolar.

Javier Vázquez sinala que para este fin poderían empregarse todos aqueles ordenadores que o Concello de Lugo non use neste momento e tamén aqueles que se retiraron das dependencias municipais na última renovación de equipos informáticos. Deste xeito, o Concello de Lugo podería facer moito máis sinxelo o desenvolvemento do curso escolar de xeito telemático a todos aqueles alumnos que por diversas razóns non teñen acceso a este tipo de contidos desde as súas casas.

O concelleiro popular engade que o goberno local podería estudar a posibilidade de acordar con algunha operadora de telecomunicacións a posibilidade de ofrecer conectividade gratuíta con estes equipos informáticos, algo para o que hai diversos medios, como poden ser conexións USB, entre outros. Aínda que o popular engade que se podería estudar cantos destes nenos dispoñen de equipos, pero non de conexións a internet, para facilitarlles unicamente a conectividade.

Javier Vázquez sinala que de levar a cabo esta iniciativa, seguramente o goberno local axudaría a moitas familias que o precisan e se complementaría a iniciativa desenvolta pola Xunta de Galicia, que entregou ordenadores con acceso a internet gratuíto a familias con poucos recursos para que os nenos e nenas puideran acceder aos contidos que diariamente deseña o profesorado dos centros educativos.

Responder

4 × uno =