El PP pide la reactivación de la mesa de la violencia de género que lleva casi una década sin convocarse

By 5 febrero, 2020 Seguridad, transparencia

La concejal popular María de él Carme López Silva lamenta “el desinterés” del gobierno de Lugo a la hora de impulsar este recurso así como tramitar la adhesión al VioGen y a la Red Gallega de entidades locales contra la violencia de género “todas las eres herramientas fundamentales para la lucha coordinada contra esta lacra social”

O Partido Popular critica que o goberno local de Lugo, por sistema, dé de lado ás diferentes ferramentas que existen dentro do marco municipal para a loita contra a violencia de xénero. A concelleria popular María del Carmen López Silva explicaba que, dende hai nove anos, non se convoca a Mesa Local de Violencia de Xénero pese a que, segundo os seus estatutos, se debería facer cada trimestre “cando a última xuntanza foi en xaneiro de 2011”.

Para a edil do PP é “unha irresponsabilidade este desinterese, por parte do PSOE e o BNG, á hora de activar un recurso que contribúe a mellorar á coordinación e traballar en rede non só para a resposta e atención ás víctimas se non para anticiparse e previr agresións”.

Co ánimo de que o novo bigoberno empece o mandato poñendo en orde os mecanismos para loitar contra a violencia de xénero o Partido Popular levará a pleno unha iniciativa para reactivar este recurso matizando que “debemos reformular algúns aspectos da mesa local seguindo as pautas da guía práctica da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero no que atinxe á composición, ámbitos de actuación e mesmo recursos disponibles na Comunidade Autónoma”.

A concelleira popular lamentou “a doble moral” do goberno de Lugo onde “tanto socialistas como nacionalistas en vez de arrimar o ombro e impulsar esta ferramenta demostran un desinterese absoluto á hora de activar este recurso pese a que “estamos falando dunha cuestión que tan só require vontade política xa que non supón ningún tipo de desembolso económico”

López Silva detallou que, segundo se especifica na acta da súa constitución, a Mesa Local de Violencia de Género nace, en canto é a instancia máis próxima á cidadanía, como un espazo privilegiado para a intervención con mulleres vítimas de violencia de xénero”. Entre os seus obxectivos é fundamental a revisión do Protocolo Interinstitucional para a preveción, detección e intervención ante a violencia de xénero.

Por último a concelleira do PP insiste en que “as boas intencións dun goberno deben ir acompañadas por feitos” e pregunta porque despois de tres meses Lugo ainda non se adheriu ao, ao VioGen, tal e como se aprobou en pleno a instancias do PP no pleno de outubro. Para a popular é ainda moito máis sangrante é o tempo de espera para unirse á á Rede de entidades locais contra a violencia de xénero “neste caso, aprobouse unha proposición de autoría do PP con data de 20 de xullo de 2017. Pasaron case dous anos e medio e nin se molestaron en facer a tramitación para adherirse a este grupo”.

Responder

3 × tres =