El Grupo Municipal Popular lamentó que el bigoberno se niegue a impulsar la intermodal y que Lugo sea la única ciudad gallega que aún está pendiente de firmar un convenio a tres bandas para impulsar esta infraestructura.

A estación intermodal de Lugo é un proxecto estratéxico para a cidade e para o conxunto da provincia, por canto fará posible integrar nun mesmo espazo as instalacións ferroviarias (incluídas as futuras necesidades derivadas da alta velocidade) con outros servizos de transporte urbano e interurbano.

Este nova infraestrutura pública nace na procura de promover a utilización do transporte público sustentable, mediante a execución das obras precisas para que en Lugo estea a disposición dos cidadáns e futuros usuarios a posibilidade de combinar diferentes modos de transporte público (ferrocarril e autobús) dunha maneira rápida e eficiente e cun menor custo ambiental e económico.

O Goberno galego liderou distintas iniciativas para que Lugo teña unha estación intermodal, por exemplo, o completo estudo de alternativas que serviu para sentar as bases da colaboración entre as distintas administracións implicadas en facer realidade a intermodalidade (Xunta, Concello de Lugo e ADIF-Ministerio de Fomento) e tamén para elaborar os anteproxectos técnicos das futuras instalacións.

O modelo de colaboración establecido para as estacións intermodais galegas consiste en que a Xunta constrúe e financia a terminal de autobuses; o Ministerio de Fomento constrúe e financia a reforma ferroviaria; o Concello asume a adecuación urbanística e os accesos se son necesarios, co apoio da Administración autonómica.

Con todo, existen razóns para asegurar que a chegada do Goberno socialista que preside Pedro Sánchez pode ser un freo ao desenvolvemento desta infraestrutura ao converter o que era un proxecto froito do traballo conxunto entre a Xunta e o Ministerio de Fomento, nunha iniciativa que os socialistas pretenden sumar aos moitos incumprimentos do Goberno central con Lugo.

Non só o Goberno Sánchez está a dilatar a sinatura do protocolo de colaboración entre as distintas administracións para a execución da estación intermodal, a pesar de que se basea nos convenios asinados noutras cidades de Galicia (porque Lugo nin pode nin debe ser diferente) senón que ademais pretende incumprir varios dos compromisos adquiridos.

Este é o caso do imprescindible gran aparcadoiro subterráneo que debe estar vinculado á estación de ferrocarril, e que o Ministerio de Fomento incluíu no proxecto presentado en marzo de 2019, polo ministro José Luís Ábalos: Isto é unha terminal ferroviaria reformada e dotada cun aparcadoiro subterráneo que cubra as súas necesidades.

O aparcadoiro subterráneo é unha necesidade da terminal ferroviaria comprometida polo Ministerio de Fomento.De feito o propio estudo funcional elaborado por Adif recoñece que a futura estación necesita un aparcadoiro subterráneo de 300 prazas para atender as necesidades ferroviarias.

O Goberno socialista non quere pagar ese aparcadoiro imprescindible para que Lugo teña unha estación intermodal completa, tal e como foi deseñada, pero aínda ten marxe para rectificar na súa negativa. Lonxe de converterse nunha razón para o bloqueo os compromisos de cada administración e, en particular a execución e financiamento polo Ministerio de Fomento do futuro aparcadoiro soterrado, debe quedar plasmado canto antes nun convenio de colaboración a tres bandas, similar ao asinado nas cidades galegas que teñen as súas estacións intermodais en execución.

Por todo isto, o Grupo Municipal do Partido Popular que suscribe considera de interese municipal que o Pleno da Corporación Municipal acorde:

1º Esixir que o Ministerio de Fomento constrúa e financie a estación intermodal que presentou en Lugo en marzo de 2019: Isto é unha terminal ferroviaria reformada e dotada cun aparcadoiro subterráneo que cubra as súas necesidades.

2º Ese compromiso debe quedar plasmado á maior brevidade nun convenio de colaboración asinado polas tres administracións promotoras (Xunta, Goberno central e Concello de Lugo) similar ao asinado nas cidades galegas que teñen as súas estacións intermodais en execución.

Leave a Reply

quince + 8 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies