EconomíaZona Rural

El PP lamenta que el bigoberno solo destine en inversiones en el rural el 0,65% del presupuesto

By 17 diciembre, 2020No Comments

El concejal del Grupo Municipal del PP Manuel López critica el “nulo compromiso” del bigonerno local con las parroquias de la zona rural del municipio, ya que para las 54 parroquias del rural destinan únicamente 669.213,89€ de inversiones

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Manuel López, amósase moi crítico co “compromiso” do bigonerno local coas parroquias da zona rural do municipio, xa que para as 54 parroquias do rural destinan unicamente 669.213,89€ de investimentos.

Manuel López ve un novo golpe aos veciños das parroquias por parte do goberno local, que segue a “ignoralos e marxinalos” xa que os investimentos previstos por Lara Méndez e Rubén Arroxo para a zona rural representa o 0,65% do orzamento.

O concelleiro popular explica que manteñen practicamente o mesmo volume de investimentos previstos para as parroquias do rural, a pesar de que as parroquias supoñen o 85% da superficie do municipio e agrupan a uns 10.000 veciños. Neste senso, o edil popular considera que se trata dun orzamento “discriminatorio, inxusto e insolidario” cos veciños do rural xa que non ten en conta nin á poboación das parroquias, nin a dispersión xeográfica (325 núcleos), nin a súa extensión. “Vemos como en vez de mellorar as condicións de vida dos veciños das parroquias o que se fomenta é agrandar aínda máis a brecha entre o urbano e o rural. Como é habitual, non teñen plan de xestión para estes ridículos fondos e se fai unha xestión caciquil dos mesmos primando o criterio dos pedáneos e afíns ao PSOE”, sinalou.

Manuel López sinala que as pistas das parroquias se atopan nunha situación “lamentable”, e cada ano que pasa están peor; Os puntos de luz colócanse baixo un criterio “discrecional”; os servizos nas escolas rurais desapareceron e vemos unha falta de transporte público, Internet e telefonía móbil e saneamento e abastecemento. Datos que non pintan un panorama nada positivo, aos que lles hai que engadir o desmantelamento das brigadas do rural, tanto a de obras coma a eléctrica, o escaso cumprimento do orzamento, tal e como se desprende dos datos da Conta Xeral. “Vemos como o responsable da zona rural, o señor Fernández, non é capaz de xestionar un orzamento, xestiona unha conta a prazo fixo que renova anualmente”, afirmou.

No Grupo Municipal Popular “non podemos aceptar” esta discriminación da zona rural que “é unha peza básica” do Concello de Lugo e que, ano tras ano, o bigoberno está maltratando negándolle o que en realidade lle corresponde e a cidade de Lugo pode pagar moi caro. “Como mostra da política que seguen os dous goberno do concello é que votaron en contra dunha iniciativa para impulsar o asentamento na zona rural, coa que tan só se pedía unha bonificación do 50% nos impostos de solicitude de licenza, algo que se concede a outros moitos sectores e se lle nega ao rural”, finalizou.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies