El PP lamenta que, a 1 mes del San Froilán, el pregonero y el programa de las fiestas sea una incógnita

By 4 septiembre, 2019 Cultura

El PP lamenta que a menos de un mes de que comience el San Froilán los nacionalistas “non reunisen, máis que unha única vez a comisión de festas para informar sobre como van as xestións da programación das patronais”.
“A un mes das patronais nin se sabe quen será o pregoeiro, nin coñecemos o cartel de actos e actividades”, indicou.

Beatriz Vázquez amosou a súa total decepción pola actitude dos nacionalistas “podemos admitir retrasos nas contratacións, dado que tomaron posesión en xuño, pero o que non é admisible é que non nos convoquen para consensuar y recibir as achegas do principal grupo corporación”. A edil do PP explicou que só houbo unha xuntanza da Comisión de Festas e que se celebrou o 5 de agosto.

A edila do PP lembrou que o pasado mes o seu grupo entregou máis de medio cento de propostas  “pedimos que se recuperase o sistema de rotación para elixir ao pregoeiro, tamén solicitamos medidas para que o San Froilán sexa unha festa máis inclusiva (como foi consensuar cos barraquistas que durante un tempo a convir, as atraccións funcionen sen ruido nin luces para que os nenos e nenas con Trastornos del Espectro Autista (TEA) podan disfrutar delas) e achegamos unha primeira batería de nomes de agrupacións que nos suxeriron veciños e veciñas de Lugo para incorporar ao programa.

 A edil popular teme que “a competencia entre PSOE co Arde Lucus e BNG co San Froilán repercuta no cartel de actos  xa que cada partido vai intentar patrimonializar os festexos que organizan”. Beatriz Vázquez puxo de manifesto que “non se decatan de que para que unhas festas sexan de todos hai que ter en conta a opinión de todos”. “Aquí non se trata das preferencias que teña o concelleiro de turno, hai que respetar as tradicións e dárlle ao San Froilán o protagonismo que merece” reflexionaba a popular.

 

Con respecto á difusión a popular asegura que xa “imos tarde” e recrimina ao goberno local que “a maiores do retraso na difusión do programa de man e cartelería, e tampouco é de recibo que  as redes sociais da páxina oficial do San Froilán estean ancladas en entradas do ano pasado. Para a popular esta situación podería restar afluencia de público ás patronais.



Responder

dos × 1 =