El PP lamenta la irresponsabilidad de Méndez y Arrojo que rechazaron todas las inicitivas que el PP elevó al pleno para combatir la crisis de la covid

Los populares lamentan que el bigoberno de Lugo se niegue a crear una comisión de seguimiento para consensuar y fiscalizar medidas municipales para afrontar la crisis así como poner en marcha mesas de trabajo sectoriales para reactivar el tejido socioeconómico de Lugo

O Partido Popular lamenta que o PSOE e BNG se neguen a dialogar e colaborar co principal grupo da oposición e que “rexeiten tanto crear unha comisión de seguimento de accións relativas ao covid 19 como a poñer en marcha mesas sectoriais de traballo para estudar as medidas a desenvolver para que cada sector económico da cidade se recupere da crise xerada polo Covid-19”.

“O bigoberno non quere escoitarse máis que a si mesmo, e péchase en banda a recibir calquera iniciativa que veña do Partido Popular” engadindo que “nós, a diferencia de Méndez e Arroxo non traballamos unicamente para dar titulares”.

Para o voceiro popular as intervencións de socialistas e nacionalistas “están en modo ON de precampaña lamentando a falta de autocrítica e o creídos que están de todo canto fan”. “Hai pouca vontade por parte de PSOE e BNG cando a nosa vocación é colaborar con absoluta lealdade” criticando que “a falta de transparencia que hai para conseguir información do que se fixo e do que prevén facer durante esta situación de pandemia e post pandemia”.

Ramón Carballo tamén criticou que socialistas e nacionalistas continúen “erre que erre ninguneando ao rural”, deste xeito valoraba o voto en contra a un paquete de propostas concretas que presentaron “pensadas para a reactivar o rural, fixar poboación, e dar resposta ao movemento de deslocalización e de éxodo das ciudades ao rural que está empezando a fraguarse a raiz do covid 19”.

Unha cuarta proposición que socialistas e nacionalistas tumbaron foi   obxecto  reclamar un incremento nas partidas de servizos sociais; levar a cabo un censo de maiores que viven sós e implantar un servizo de teleasistencia voluntario e reforzo do persoal de servizos sociais.

Carballo asegura que “os socialistas entraron nun bucle no que non dan cabida a outros que non sexan eles mesmos e a súa muletilla de goberno nacionalista. Non están á altura do que esperan os cidadáns dos políticos e se escudan en que teñen todo feito ou a punto de facelo, practicando unha actitude negativista á hora de votar as propostas do Partido Popular”.

 

Responder

4 + 13 =