Zona Rural

El PP exige al gobierno local a reparación de una pista en Bacurín que se convirtió en un camino de cabras

By 10 febrero, 2021No Comments

El concejal del Grupo Municipal del PP Manuel López señala que en todos los años que llevo de concejal nunca vine una pista en un estado tan “calamitoso”, una imagen que resume de una manera muy gráfico lo que fue la política de los socialistas en los dos últimas décadas en el rural: abandono total y absoluto

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Manuel López, esixe o arranxo inmediato dunha pista en Bacurín ao goberno local, despois de que o deterioro tan avanzado que presenta convertese esta vía “nun verdadeiro camiño de cabras”.

Manuel López sinala que esta pista, que da acceso a unha explotación gandeira, unha vivenda e outra iniciativa empresarial, aínda en construción, é a única vía de acceso para os veciños, polo que urxe o seu arranxo, xa que debido ao seu avanzado deterioro xa se rompeu un vehículo 4×4.

O concelleiro popular explica que as fochancas se converten en grandes piscinas cando chove, ao que hai que engadir que as irregularidades que agora presenta esta vía fan que os coches rasquen co que queda de asfalto coa parte de abaixo, o que provocou a rotura de vehículo xa referido. “Os accesos ás vivendas e ás iniciativas empresarias no rural deberían de estar en perfectas condicións, o mínimo que se debe esixir a calquera goberno local porque se non se facilitan os accesos, os servizos e as comunicacións é imposible asentar poboación e dinamizar as parroquias”, sinalou.

Para Manuel López a imaxe desta pista é o mellor exemplo do que foi a política socialista nos últimos 20 anos: abandono total e absoluto. Unha situación que debería facer reflexionar aos concelleiros do goberno local, en especial ao responsable do rural, que ven de sacar peito tras anunciar o arranxo de dez pistas nas parroquias.

O concelleiro popular sinala que o goberno local tería que preocuparse de arranxar todas e cada unha das pistas que presentan deficiencias porque todos os veciños das parroquias merecen un trato igualitario e ter os accesos en boas condicións. “Así é como este goberno local pretende defender as poucas explotacións que nos quedan? Facendo imposible o acceso?. Gustaríanos saber se este acceso estaría nas mesmas condicións se se tratara de afíns ao PSOE”, sentenciou.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies