El vicevoceiro del Grupo Municipal del PP Antonio Ameijide explica que la regidora llevará al pleno de la próxima semana varios expedientes de reconocimientos extrajudiciales de crédito entre los que sobresalen ocho facturas por valor de 2.412,20€ en concepto de habitaciones de hotel y comidas, todas a establecimientos hosteleros de Lugo, debiendo alguno de estos recibos desde hace tres años

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, esixe explicacións a Lara Méndez despois de coñecer que a rexedora debe, polo menos, oito facturas, por valor de 2.412,20€, en concepto de habitacións de hotel e comidas, algunhas delas do ano 2017.

Antonio Ameijide quere coñecer os motivos de que o Concello de Lugo deba estas facturas dende hai varios anos a hoteis e restaurantes de Lugo. “Xa sabíamos que Lara Méndez era moi mal pagadora, pero que chegue ao extremo de non querer pagar aos hostaleiros da cidade xa non ten nome”, sinalou.

Para os populares é preciso trocar a política económica que Lara Méndez implantou no Concello de Lugo e que converteron á administración local lucense nunha das que peor paga aos provedores en todo o Estado, incumprindo habitualmente os prazos legais marcados para os pagamentos das facturas, chegando ao punto de deber ao peche do terceiro trimestre 10.898.436,57€ a autónomos e pequenos empresarios de Lugo e situando o período medio de pago pendente nos 174,87 días, é dicir, “case seis meses para que calquera autónomo ou pequeno empresario poida cobrar polos traballos realizados”.

Unha situación na que se atopan moitos máis provedores do Concello de Lugo, xa que neste expediente de recoñecemento extraxudicial de crédito hai outras facturas, algunha moi curiosa como que para pagar unha cinta de dobre cara, por valor de 29,77€, o provedor teña que agardar máis de dous anos para poder cobrar, ou que a porta do aparcadoiro do seminario estea habitualmente estropeada xa que non paga o mantemento da mesma xa que debe a última factura, de outubro de 2019, por este concepto, por valor de 1.285,02€. “Quizais lle será mellor a Lara Méndez comezar a pagar o mantemento da porta do aparcadoiro do seminario para garantir a seguridade do seu novo coche oficial de alta gama”, apuntou.

Leave a Reply

diecinueve − diez =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies