Urbanismo

El PP dice que la media de espera por la licencia de un ascensor en Lugo es de 221 días incumpliendo el plazo legal

By 8 octubre, 2019octubre 11th, 2019No Comments

El vicevoceiro popular Antonio Ameijide pide un mayor esfuerzo al bigoberno para agilizar este trámite y despachar antes del plazo de tres meses que marca la ley, todas las peticiones que se presenten para instalar elevadores en edificios del municipio

O PP pide un maior esforzo na concesión de licenzas para ascensores que en Lugo tardan unha media de 221 días. Os populares ofrecen este dato tras analizar os prazos das 24 licencias que se tramitaron no que levamos deste ano 2019 e que figuran nas actas das xuntas de goberno.

O vicevoceiro popular Antonio Ameijide explicou que “tan só se concedeu unha única licenza dentro do prazo estipulado que é de tres meses a contar dende que se presenta a solicitude”. Os afortunados foron os veciños dun inmoble da Avenida da Coruña, moita menos sorte tiveron os veciños dun edificio da rúa Saúde onde este trámite retrasouse ata 614 días. “Ese é o esforzo que fai o concello para revitalizar o barrio da Residencia” reflexionaba o popular, non só entorpece ás licenzas de obras da Xunta de Galicia no barrio senon que tampouco resolve as dos particulares.

Para os populares é necesario axilizar este tipo de xestións. Ameijide agarda que o responsable de urbanismo “non utilice a mesma estratexia da alcaldesa e se queixe de que as tramitacións van lentas por culpa dos promotores, doutras administracións ou de ex compañeiros do PSOE”. “No caso dos ascensores é só competencia municipal con que póñanse a traballar e sexan unha administración modelo”.

Os populares insisten en que hai que reducir a burocracia neste tipo de solicitudes xa que “hai casos onde, por carecer dun ascensor, un piso pode chegar a ser un cárcere para o seu propietario ou inquilino” en alusión a cidadáns que teñen problemas de mobilidade.

“É incomprensible que unha vez que se acada o acordo da comunidade para facer a obra do elevador o Concello sexa o principal escollo para executar a obra”

Ameijide rematou explicando que “o volumen de negocio xerado polas obras dos 25 ascensores concedidos ascende a case un millón de euros e que a inversión media estimada para facer estas obras alcanza os 40.000 euros”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies