Economíatransparencia

El PP desvela que Lara Méndez pagó en 2018 casi 23 M€ al margen de la legalidad pese a los 67 avisos remitidos por parte del interventor municipal

By 20 abril, 2019mayo 8th, 2019No Comments

El portavoz del Grupo Municipal del PP Antonio Ameijide explica que el interventor municipal realizó un informe, con fecha de 10 de abril , en el que detalla todos los pagos de “dudosa” legalidad realizados por Lara Méndez durante el año 2018 y detalla los 67 avisos remitidos a la alcaldesa, además de que “en la fecha de realización del informe no consta ningún expediente de contratación”, excepto uno, para devolver a una situación de legalidad todos los contratos caducados del Ayuntamiento de Lugo

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, fixo público un informe realizado polo interventor municipal, o pasado 10 de abril, no que se enumeran as “múltiples e constantes” manobras de Lara Méndez para realizar pagos ao marxe da lei, que no ano 2018 se aproximaron aos 23M€.

Antonio Ameijide di que no que atinxe aos reparos de legalidade, a alcaldesa asinou o pago de 18.798.902,70€, mentres que no que se refire aos recoñecementos extraxudiciais de crédito a cifra ascende a 3.967.967,08€. “Vemos que o que denunciamos constantemente é unha triste realidade constatada polos funcionarios municipais: Lara Méndez segue ao marxe da lei e non ten nin a mínima intención de regularizar a situación dos 44 contratos caducados no Concello de Lugo”, afirmou.

O voceiro popular apoiase no informe de intervención no que se afirma que “non consta na data do presente informe, o inicio de ningún expediente de contratación agás o caso do subministro de zahorra e emulsión asfáltica” o que pon de manifesto a “ausencia de traballo” de Lara Méndez e o seu equipo e goberno nestes catro anos xa que cando chegaron á alcaldía de Lugo herdaron 6 servizos sen contrato ou co contrato caducado, unha cifra que neste tempo medrou ata os 44 servizos.

Ademais, o interventor sinala que “a práctica totalidade dos reparos formulados derivan da prestación de servizos efectuadas sen soporte contractual que as ampare en función da súa natureza, ben porque tivera finalizado a vixencia os respectivos contratos sen terse iniciado o expediente de novas licitacións, permitindo a continuidade das prestacións en precario e coa natureza da prórroga consentida sen cobertura contractual, ben porque se tivera considerado como gastos/contratos menores non xustificándose tal condición nin pola natureza, nin pola periodicidade nin pola contía acumulada”.

Afirmacións que “reforzan” a denuncia penal presentada polo Grupo Municipal do Partido Popular contra Lara Méndez por un presunto delito de prevaricación e outro posible delito de malversación de fondos públicos, unha investigación xa iniciada polos xulgados lucenses, que xa pediron documentación de diversa índole ao Concello de Lugo, e que o vindeiro 2 de maio verá como comezan as declaracións en sede xudicial coa testemuña de Antonio Ameijide, en calidade de denunciante, e de varios funcionarios municipais que “supoñemos reafirmaran todos os informes realizados nos últimos meses nos que deixaban patente as curiosas prácticas de Lara Méndez nestes eido pese ás reiteradas advertencias recibidas”.

Incluso, o voceiro popular destaca que o interventor municipal asegura que “elevará informe ao pleno de todas as resolucións adoptadas polo presidente da entidade local contrarias as reparos efectuados, así como un resumo das principais anomalías detectadas en materia de ingresos”.

Finalmente, Ameijide subliña como o interventor recorda, unha vez máis, a necesidade de licitar os pliegos de contratacións daqueles servizos con contrato caducado, o que vén a reforzar as denuncias públicas efectuadas polo Grupo Municipal Popular.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies