PersonalPoliciaSeguridadtransparencia

El PP denuncia que los policías locales de Lugo tienen que comprar “de su bolsillo” las mascarillas porque el Ayuntamiento no les facilita suficientes EPIs

By 5 mayo, 2020No Comments

El concejal del Grupo Municipal del PP Antonio Ameijide calificó de “inaudito” que uno de los servicios más expuestos durante la crisis del Covid-19, los agentes de la Policía Local, tengan que llegar al extremo de comprar por su cuenta el material de protección necesario para poder desarrollar su trabajo de protección ciudadana, mientras Lara Méndez sigue sin entregarles el material remitido por la Xunta en varios envíos

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, denuncia a situación na que se atopan os axentes da Policía Local de Lugo que ante a falta de elementos de protección dos que dispoñen se viron na obriga de efectuar onte a compra dunhas 200 máscaras de protección pola súa conta.

Antonio Ameijide cualifica esta situación de “inaudita” que os axentes da Policía Local, un dos corpos de seguridade encargados da protección da cidadanía, teñan que “pagar pola súa conta” os elementos de protección necesarios para realizar o seu traballo de protección cidadá.

O concelleiro popular sinala que cando comezou a alerta sanitaria o Concello de Lugo entregou a cada axente unhas poucas mascarillas: unha FFP2, outra sen ningunha especificación e logo unha cirúrxica e outras de tea sen especificación algunha. “É moi triste que Lara Méndez pretenda que os axentes da Policía Local desenvolvan o seu traballo durante todo este tempo cun volume de material que terían que ser efectivo unicamente para unha quenda de traballo”, explica.

Ante esta situación de desprotección por parte do Concello de Lugo, os propios axentes víronse na obriga de buscar o material de protección pola súa conta e xa efectuaron un pedido dunhas 200 máscaras de protección, a pesar de que a Xunta de Galicia xa remitiu ao Concello de Lugo 28.000 luvas, 17.500 mascarillas cirúrxicas, 575 mascarillas FFP2, 289 traxes antisalpicaduras, 30 pantallas protectoras e 30 batas. “É moi triste que nesa situación Lara Méndez adique os seus esforzos a confrontar coa Xunta, administración que xa demostrou o seu compromiso con Lugo ao enviar 46.000 elementos de protección, material que se pode ampliar con novos envíos por parte do goberno galego”, afirma.

Ameijide pregunta directamente a Lara Méndez onde está todo o material que remitiu a Xunta de Galicia ao Concello de Lugo, xa que se no o facilita aos propios empregados municipais e tampouco o repartiu entre os veciños de Lugo, “onde está ese material”. “Non quero ser mal pensado, pero se a maior parte dos traballadores do Concello non teñen material de protección ou o que teñen é doado por particulares e polo profesorados do CIFP As Mercedes, onde levou a alcaldesa todo o material de protección  e a quen e con que criterios o está repartindo”, pregunta.

O concelleiro popular critica con dureza as formas de Lara Méndez nesta situación de alerta sanitaria, “buscando a confrontación coa Xunta de Galicia” en lugar de apoiarse nesta administración que “sempre respondeu” ás súas peticións de material de protección, ao tempo que recorda que tamén podería “ter o mesmo énfase” para pedir material de protección para todos os lucenses ao Goberno central “que ten unha cor amiga” para a rexedora, pero que, tralo visto nos últimos meses e na xestión desta alerta sanitaria, “está a ser un completo inimigo para Lugo e os lucenses”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies