EconomíaServizos xeraistransparencia

El PP denuncia que el bigobierno “de forma indiscriminada” ponen atrancos a las empresas para presentar telemáticamente documentación de plicas

By 3 junio, 2020No Comments

La concejal popular Sagrario Sánchez subraya que “en un momento tan complicado como este, con la crisis sanitaria que vivimos, la administración más cercana debe facilitar, y tener un mismo criterio para la tramitación de todas las contrataciones ”

O Partido Popular critica que o goberno do PSOE e BNG “sen criterio algún” inclúa nas plicas dalgúns contratos das últimas semanas “un engadido ” no que di que as empresas non poden presentar as súas ofertas por medios electrónicos. Para Sagrario Sánchez “é grave” que aos interesados só se lles permita facer este trámite de forma presencial e, por riba, en plena pandemia. A popular considera anacrónica esta prohibición “moi alonxada da nova realidade dunha sociedade que tende a dixitalizar todos os procesos administrativos”.

A concelleira popular explicou como nos pregos de contratación das dúas últimas xuntas de goberno obsérvanse outras “incongruencias” e tomando como base catro exemplos, indica que “no único que coinciden é que, en todos eles, o goberno local non les permite presentar documentación por medios electrónicos. A sorpresa chega cando en dous dos pregos (reparación de avarías na rede de abastecemento e contrato de conservación de vías urbanas) especifícase que se pode entregar a documentación non só no rexistro municipal, senón tamén nas oficinas de Correos, mentres que, noutros (contratación dun vehículo de mando e comunicación para servizo de prevención de incendios e contratación da obra do edificio impulso verde) tan só se admiten ofertas no rexistro xeral do concello.

Sagrario Sánchez reclama ao goberno local “un criterio único para evitar arbitrariedades” e lamenta que non se facilite a todas as empresas e autónomos a participación, neste tipo de contratacións, privándolles dun maior abanico de posibilidades para rexistrar as súas ofertas.

Os populares dan conta do caos que existe na administración electrónica municipal, calificando de “madurez dixital infantil” o nivel tecnolóxico que hai no Concello de Lugo”. De feito, nos propios pregos que se analizaron reflíctese o fracaso rotundo da implantación da tramitación electrónica, cando se afirma que, neste momento, está “en período de implantación dunha plataforma de licitación electrónica”.

Sagrario Sánchez pide celeridade na implantación da e-administración e lamenta “o tempo perdido dos últimos 20 anos nesta materia pese a que tiveron a un director xeral de novas tecnoloxías no que os socialistas gastaron 148.000 euros, a razón de 48.000 € anuais ”. A popular concluíu manifestando que “polo ben dos lucenses esperemos que o bigoberno recupere o tempo perdido”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies