EconomíaTráficotransparencia

El PP denuncia que el bigoberno sigue sin aprobar la ampliación de las plazas de los aparcamientos enterrados mientras permite una subida del 22% del precio en 7 años

By 26 febrero, 2020No Comments

El concejal del Grupo Municipal del PP Antonio Ameijide lamenta la postura tomada por Rubén Arrojo, que mientras estaba en la oposición llegó a poner en entredicho la legalidad de las dimensiones de las plazas de los aparcamientos soterrados, pero ahora como vicealcalde permite a Lara Méndez aprobar la sexta subida consecutiva de las tasas que pagan los lucenses por estacionar en estas aparcamientos

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, denuncia que o bigoberno aprobou unha suba das taxas que pagaremos todos os lucenses por estacionar nos aparcadoiros soterrados da cidade, mentres segue sen dar luz verde á ampliación das prazas destes aparcadoiros, un aumento que supón un incremento do 22% do prezo/hora nos últimos sete anos.

Antonio Ameijide critica a actuación do bigoberno, sobre todo a de Rubén Arroxo, que cando estaba na oposición tiña unha actitude moi crítica contra Lara Méndez por non ampliar as prazas de estacionamento, mentres agora, “unha vez que pisou moqueta”, permite que unha nova suba dos prezos. “É incomprensible que o vicealcalde permita a Lara Méndez aprobar a sexta suba consecutiva dos prezos, sen facer nada para acadar a ampliación das prazas, sobre todo despois de que el mesmo puxo en dúbida a legalidade das dimensións das mesmas”, denunciou.

Coas novas taxas aprobadas polo bigoberno, os lucenses pasarán a pagar 0,0304732€/minuto durante os primeiros 92 minutos de estacionamento, mentres que a partir do minuto 93 o prezo será de 0,0203157€/minuto. “A suba que sufrimos os lucenses nos últimos sete anos é de case un 30% aproximadamente se estudamos conxuntamente as dúas tarifas de prezos, que contan cun aumento do 22 e do 27% respectivamente”, apuntou.

Para o popular a suba no prezo dos aparcadoiros soterrados é unha consecuencia da “nefasta” capacidade negociadora de Lara Méndez e de Rubén Arroxo, xa que antes de asinar a esperada ampliación das prazas de estacionamento permiten un novo incremento anual do prezo.

Antonio Ameijide lamenta que a mobilidade é un tema que desapareceu da folla de ruta do bigoberno porque a isto hai que engadir que seguimos agardando a que poñan en marcha un sistema rotatorio de vehículos para facilitar o aparcamento ou a demanda ampliación das prazas dos aparcadoiros soterrados, “pero a realidade amosa que o único que fixeron pola mobilidade en Lugo foi empeorala”, finalizou.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies