Economíatransparencia

El PP denuncia que Lara Méndez cierra el mandato batiendo su récord con un período medio de pago pendiente a proveedores de 182 días

By 3 mayo, 2019mayo 8th, 2019No Comments

El portavoz del Grupo Municipal del PP Antonio Ameijide explica que Lara Méndez sigue sin preocuparse “ni lo más mínimo” por los pequeños empresarios y autónomos que prestan servicios al Ayuntamiento de Lugo ya que cerró el primer trimestre de 2019 con una deuda de 14.227.982€, a pesar de tener en cuentas bancarias más de 36 M€

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, denunciou que Lara Méndez “segue empeñada en maltratar” aos autónomos e pequenas empresas lucenses que prestan servizos ao Concello de Lugo, xa que decidiu pechar o mandato batendo o seu récord negativo do período medio de pago a provedores, deixando a cifra en 182 días.

Antonio Ameijide di que segundo o informe de morosidade do primeiro trimestre do ano, Lara Méndez está a rirse dos pequenos empresarios e autónomos lucenses xa que segue a establecer récords negativos no pago de facturas, na actualidade debe 14.227.982,11€, a pesar de ter en contas bancarias municipais 36.444.031,38€.

Das 8.263 facturas que hai pendentes de pago, 5.593 xa incumpren o prazo legal establecido para pagar as facturas, situando o período medio de pago pendente en 181,88 días. Neste senso, Antonio Ameijide pon de manifesto que a tesoureira municipal reitera, por enésima vez no seu informe, que “non existe un problema de liquidez nin imposibilidade financeira ningunha para poder afrontar os pagamentos municipais”. Un informe no que se engade que “os incumprimentos en materia da normativa de morosidade neste momento están a reflectir unha deficiente e lenta xestión interna na tramitación administrativa das facturas pero en ningún caso un problema financeiro ou de liquidez para atender os pagamentos”. Por iso, a tesoureira sinala que “reitérase a necesidade de tramitar nos prazos establecidos na normativa de morosidade as facturas que están pendentes”.

O informe aportado pola tesoureira municipal certifica que Lara Méndez só paga dentro do prazo legal establecido o 18.94% das facturas, ou dito doutro xeito, o goberno local paga fóra de prazo o 81% das facturas, o que supón que no primeiro trimestre de 2019 o Concello de Lugo tivo que aboar 14.520€ por intereses de demora.

Antonio Amejide puxo sobre a mesa varios exemplos de facturas que o goberno de Lara Méndez debe a provedores que prestaron servizos para o Concello, algunhas delas acumulando varios anos de espera.

EXEMPLOS DE FACTURAS PENDENTES

Data Concepto Importe
20/10/2017 Puerta mercado municipal 474.65€
20/02/2017 Revisar poleas escenario 1.113,20€
21/06/2017 Retirada big bags de amianto y transporte 770€
11/07/2016 Certificación liquidación das obras de instalación de alumeado público en Recatelo 4.261,02
28/02/2017 Hora taller-difusor bomba grindes 730,84€
15/11/2017 33 metros tubo 339,40€

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies