El PP denuncia que Lara Méndez multiplicó por veinte en cuatro años las costas judiciales a las que tuvo que hacer frente el Ayuntamiento de Lugo

By 8 enero, 2020 Economía, transparencia

El concejal del Grupo Municipal del PP Antonio Ameijide explica que el los procedimientos contencioso-administrativo se multiplicaron por dos en los cuatro años que Lara Méndez lleva al frente del Ayuntamiento de Lugo, un dato que muestra la conflictividad generada por la regidora

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, denunciou de novo o escurantismo do bigoberno, nesta ocasión, despois de facilitar só “algúns datos” relativos aos procesos xudiciais nos que se atopa inmerso o Concello de Lugo.

Antonio Ameijide fai esta reflexión despois de coñecer o informe sobre os gastos que tivo que aboar o Concello de Lugo e se ten algún pago pendente derivado de gastos xudiciais e custas procesuais. O informe solicitado polo Grupo Municipal Popular “é incompleto” xa que unicamente fala daqueles procesos contencioso-administrativo nos que se viu inmerso o Concello. “So nos informan dun tipo de procesos, pero non din nada daqueles procedementos civís ou penais nos que o Concello de Lugo foi parte”, sinala.

E centrándose unicamente nos datos que aparecen no informe, o concelleiro popular sinala que nos catro anos que Lara Méndez estivo á fronte do Concello de Lugo os procedementos contencioso-administrativo aos que se tivo que facer fronte duplicáronse, pasando dos 81 procedementos do ano 2015 aos 171 do ano 2019. A isto hai que engadir que as costas procesuais nos catro anos de Lara Méndez multiplicáronse por 20. No ano 2015 o Concello de Lugo abonou 600€ en costas, mentres que no ano 2019 tivo que facer fronte a 11.663,50€.

Nestes catro anos, o Concello de Lugo fixo fronte a 568 procedementos contencioso-administrativo nos que tivo que aboar, polo menos, 24.565,66€. “A isto temos que engadir o escurantismo do bigoberno, xa que unicamente facilitaron os datos das costas destes procedementos, pero non facilitaron ningún dato das costas por indemnizacións ás que tivo que facer fronte o Concello de Lugo pese a que dende o Grupo Municipal Popular solicitamos todos os gastos, polo que importe seguramente sexa moito maior”, denunciou.

Antonio Ameijide tamén pon sobre a mesa que pese a que o bigobeno non facilitou todos os datos solicitados polo Grupo Popular, si que se tentará coñecer toda a información, xa que se pedirá unha ampliación deste informe. No informe remitido aos populares ábrese a posibilidade de estudar este tema a fondo, polo que “nos poremos en contacto co órgano competente para a realización dunha ampliación, así como o estudo de todos os expedientes xudiciais relativos aos anos solicitados inicialmente”.

Ademais, o concelleiro popular sinala que tan só en tres decretos asinados nos últimos días se pagaron 1.927,03€ en concepto de indemnizacións por sentenza xudicial, algo que se pode incrementar debido a casos como o que se deu onte na avenida Ramón Ferreiro, onde un cidadán sufriu lesións tras caer dende a beirarrúa debido a mala planificación das obras que realizou o goberno local.

Responder

5 × cuatro =