EconomíaInfraestructurastransparencia

El PP denuncia que la incompetencia de Lara Méndez la lleva a tener el 93% de las inversiones de 2018 sin ejecutar

By 3 diciembre, 2018No Comments

El portavoz del Grupo Municipal del PP Antonio Ameijide destaca que, a menos de un mes para que finalice el año, la alcaldesa so fue capaz de ejecutar el 7,13% de las inversiones previstas para este año lo que ponen de manifiesto a “nula preocupación” de Lara Méndez por Lugo y los lucenses y que revela que los presupuestos municipales “fueron otro engaño más y ya están caducados” a la vista de la nula inversión en la ciudad

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, denuncia a falta de “interese” de Lara Méndez por mellorar a situación na que se atopa Lugo xa que en decembro ten sen executar o 93% dos investimentos que anunciou para o Concello neste 2018.

Antonio Ameijide desmonta deste xeito o anunciou feito pola alcaldesa que bautizou aos orzamentos deste ano como “os máis inversores da última década”, uns orzamentos “dos que non executou practicamente nada” á vista dos datos que o propio goberno municipal facilitou ao Grupo Popular, polo que esa afirmación foi de cara aos medios, xa que se demostra que “nunca tivo vontade de facer realidade a inversión”.

Segundo os datos obtidos polos populares hai numerosos eidos nos que aínda non se executou nin un só euro de todo o orzamentado para investimentos, como pode ser en materia de accesibilidade, para o que se proxectaron 350.000€ ou en materia de extinción de incendios había 364.465€ e se investiron 0€.

Nas zonas verdes tamén chama a atención a ausencia total de inversión a pesar de que se proxectaron 60.000€ para a expropiación dos terreos do paseo Miño e así acadar a unión dos dous parques; “nin se tocaron” os 250.000€ destinados á praia fluvial ou que “nada se fixo” cos 210.000€ reservados para a creación de novos parques infantís, colocar a cuberta do parque de Augas Férreas e melloras no parque Rosalía de Castro.

O voceiro popular fai unha mención especial para o plan de barrios, que Lara Méndez bautizou como “a medida estrela” dos seus orzamentos, un eido no que tan só se executaron o 3,2% dos 2.5M€ destinados. E como exemplo, os 0€ invertidos dos 208.000€ destinados para a biblioteca da Piringalla.

Outros apartados, como o proxecto Edusi, que conta cunha inversión de 5.411.000€, segue agardando a que se realice algún investimento, pero o certo é que o goberno socialista non so non puxo en marcha os proxectos senón que realizou unha quita de 166.041€ destes fondos para destinalos a outros fins.

Algo semellante ocorre coas infraestruturas do transporte público, que contaba cunha inversión de  110.000€ e que sufriu unha quita de 69.000€. Unha materia que precisa dunha mellora total e que unicamente ve como o goberno de Lara Méndez segue sen investir na renovación do transporte e que esta fin de semana viu como, por unha falta total de preocupación, se desactivaba a web na que os lucenses podían consultar os horarios dos autobuses. Todo por mor dunha inversión de 0€ nesta materia.

Na zona rural, onde o asfaltado de pistas é unha necesidade “case diaria” só executaron o 8,7% do 1M€ reservado para este fin.

Antonio Ameijide destaca que, despois de avaliar estes datos, á vista de todos está que estamos ante “uns orzamentos caducados” por mor da nula inversión de Lara Méndez na mellora de Lugo. “Cada día que pasa segue a ignorar as necesidades da cidade e dos lucenses”, afirmou o popular.

O voceiro popular recorda ademais o plan de inversións que o Grupo Popular permitiu aprobar en xuño de 2017, “4.5M€ para o mantemento e mellora da cidade” que Lara Méndez foi incapaz de executar, incluíndo o proxecto de Lara Méndez para Quiroga Ballesteros, onde quería destinar máis dun millón de euros para a peonalización e cuberta desta rúa.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies