Economíatransparencia

El PP denuncia que la incompetencia de Lara Méndez hace que tarde un promedio de tres años en resolver las reclamaciones por responsabilidad patrimonial

By 28 enero, 2019No Comments

El portavoz del Grupo Municipal del PP Antonio Ameijide explica que, desde el mes de septiembre, el gobierno socialista de Lugo resolvió 31 reclamaciones por responsabilidad patrimonial, teniendo un plazo medio de resolución de 1.053 días, una cifra que supera “con creces” los seis meses estipulados por la ley del régimen jurídico del sector público

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, exemplifica unha vez máis a parálise xerada por Lara Méndez no Concello de Lugo ao explicar que, desde o comezo do curso político en setembro, o goberno local resolveu fóra de prazo todas as reclamacións por responsabilidade patrimonial que se presentaron ante o Concello.

Antonio Ameijide afirma que desde o mes de setembro o goberno local resolveu 31 reclamacións de responsabilidade patrimonial, tendo un prazo medio de resolución de 1.053 días (tres anos), un prazo que dista moito do que marca a lei do réxime xurídico do sector público que establece que “as reclamacións por responsabilidade patrimonial teñen que ter unha resposta nun prazo máximo de seis meses”.

O voceiro popular critica que esta demora na resolución das reclamacións patrimoniais, chegando nalgún caso a retrasar a resposta en máis de sete anos. Antonio Ameijide refírese á reclamación interposta, no ano 2011, por unha comunidade de herdeiros por danos sufridos en varias vivendas na avenida Carlos Azcárraga despois dunha avaría na rede municipal de auga.

Outro exemplo que expón o popular é a reclamación efectuada por unha comunidade de veciños da rúa Lamas de Prado. En abril de 2012 sufriron danos no soto do seu edificio por mor da filtración de augas fecais procedentes da rede de saneamento municipal.

Pero hai outros 11 casos nos que se superan os 1.000 días de demora na resolución das reclamacións. “Falamos de que nos casos resoltos desde setembro en todos se incumpriu o prazo máximo fixado pola lei. De media responden en 35 meses en lugar de facelo nos 6 que marca a lei”, afirmou o popular.

Antonio Ameijide pon sobre a mesa outro exemplo, un caso do que se falou na comisión de queixas s suxestións da semana pasada. O popular refírese ao caso dunha veciña de Lugo que en dous anos presentou sete escritos por mor dunha caída en vía pública, reclamacións que “a día de hoxe seguen agardando por unha resposta do goberno local”. “Queda máis que acreditado que a Lara Méndez non lle interesa que o Concello de Lugo sexa unha administración útil que responda ás necesidades dos lucenses xa que o seu único propósito é torpedear o normal funcionamento da administración”, afirmou o voceiro popular.

Das 31 reclamacións resoltas polo goberno local, denegaron 19 e aceptaron 12, tendo un custe para as arcas municipais de 14.311,27€.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies