Transporte Urbano

El PP denuncia el descenso de 150.000 usuarios en los autobuses urbanos con la llegada de Méndez

By 1 marzo, 2017No Comments

 Antonio Ameijide detalla que en 2016 el transporte público de la ciudad registró menos de 2.030.000 viajeros, “la peor cifra, con mucha diferencia, de toda la década”, con meses en los que ni sequiera se alcanzan de media los 325 pasajeros diarios por línea

O vicevoceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, denuncia que dende a chegada á alcaldía de Lara Méndez o transporte urbano rexistrou un descenso de 150.000 usuarios.

Nesa liña, Ameijide explica que as estatísticas oficiais do Concello reflicten que o total de pasaxeiros de 2016 foi de 2.027.918, o que representa unha “brusca caída” dende os 2.173.852 que o empregaron no 2014, último exercicio completo de López Orozco. Así mesmo, o vicevoceiro subliña que “outro dato moi alarmante atópase en que ao longo de 2016 houbo tres meses nos que nin sequera acadou unha media de 5.000 viaxeiros diarios”, xa que en agosto, xullo e xaneiro non usaron os autobuses urbanos máis de 4.542, 4.842 e 4.875, respectivamente, o que significa que meses coma o de agosto a media pasaxeiros por liña foi de menos de 325.

En opinión de Ameijide, “se en 2016 Lugo tocou fondo, coas peores cifras de toda a década 2011-2020, é indubidablemente porque a alcaldesa non foi quen de estimular o uso deste servizo malia a que a nosa cidade conta cuns vehículos de vangarda e cunha empresa con notable solvencia e experiencia internacional”. “Polo tanto, está claro que a peza que falla é a do goberno local, que foi incapaz de acometer un redeseño estrutural de liñas, frecuencias e tarifas, co que implementar melloras para rendibilizar socialmente un servizo que nos custa, a maiores do que pagan os usuarios ao subirse ao autobús, uns 2,2 millóns de euros segundo a previsión orzamentaria para 2016”, incide.

Así mesmo, o vicevoceiro popular compara que “en Ourense, cidade cun perfil demográfico moi similar ao da nosa, viaxan o mesmo número veciños nunha soa semana que o que fan en todo un mes enteiro en Lugo”, unha proba “inequívoca” do “fracaso dos socialistas no relativo ao deseño do transporte”, que ten “un termómetro perfecto nas estatísticas de 2016”. “Unha vez máis, Lugo vai en sentido contrario ao resto de urbes galegas, que ven como os seus autobuses urbanos van progresivamente gañando en número de usuarios”, advirte.

Por último, Antonio Ameijide incide na “necesidade urxente e inaprazable de que a alcaldesa acometa o redeseño estrutural de liñas, frecuencias e tarifas, implementando unha batería de melloras que permitan rendibilizar socialmente un servizo que nos custa uns 3 millóns de euros, xa que ao prezo que abonan os usuarios ao subirse aos autobuses hai que engadir os 2.218.000 euros que o Concello orzamentou en 2016 nas contas municipais para cubrir o déficit”. “Non se trata só de que cumpra o acordo plenario que nesta liña promoveu o Partido Popular senón tamén que amose unha preocupación real que vaia máis alá do seu márketing de recollida de ideas polos barrios que nunca levou á práctica”, conclúe, ao tempo que lembra, entre as propostas do PP, a creación de liñas máis curtas, con máis frecuencias de paso e con cobertura a todo o municipio, o reforzo de servizos en fin de semana, a creación dunha tarifa plana con bonos semanais, mensuais ou anuais e a mellora na información (tanto en papel como dixital cunha APP para móbiles). 

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies