El PP critica que los desbroces de la zona rural se retrasen hasta por lo menos finales de julio

By 14 junio, 2020 Zona Rural

Los populares explican que estos trabajos había que planificarlos con antelación ya que “son necesarios para minimizar el riesgo de incendios, mantener en buen estado de limpieza las vías y garantizar la seguridad vial de los usuarios”

O Partido Popular afirma que este ano os desbroces na zona rural se van retrasar ata polo menos finais do mes de xullo. Esta afirmación basease nos propios prazos administrativos dos pregos de contratación que sacou o goberno de Lugo para levar a cabo esta tarefa xa que “ata o 29 de xuño non conclúe o periodo habilitado para presentar ofertas”.

López asegura que esta demora para desbrozar na zona rural non ten xustificación xa que “sacar uns pregos é un traballo administrativo mecánico” indicando que o que ocorreu foi “que o goberno local non mira cara os veciños e veciñas do rural”.

O edil do PP Manuel López asegura que “cando o goberno local se poña a desbrozar as franxas laterais de pistas e camiños da zona rural estaremos en plena época estival e de alto risco de incendio xa que a maleza e os matogueiros estarán secos co conseguinte peligro de incendios”.

O concelleiro do PP tamén indicou que “a inseguridade vial é outra das consecuencias da maleza que invade as cunetas” xa que “supón un perigro para os conductores aos que lles é imposible saber a profundidade das beiravías e, por outro lado, obriga aos veciños que van a pé a circular case un metro dentro da calzada, co conseguinte risco que supón para a súa integridade física”.

Manuel López insistiu “na imprudencia deste bigoberno e na súa despreocupación á hora de previr incendios” lembrando como “perderon xa, en dúas ocasións e, nos dous últimos anos, a oportunidade que lles brindou a Xunta para manter en bo estado de limpeza as vías da zona rural contratando dúas brigadas financiadas polo goberno autonómico.

Responder

19 − ocho =