Zona Rural

El PP critica que el PSOE presuma de la regeneración de pistas rurales que podían ya estar hechas la cueste cero

By 18 diciembre, 2019No Comments

El concejal del Grupo Popular Manuel López recuerda que la aportación de 95.000 € de la Xunta para arreglar las tres mismas pistas que hoy anuncian a bombo y platillo “se perdió por una mala gestión del PSOE que fue incapaz de cumplir los requisitos de la convocatoria”

“A mala xestión do PSOE Lugo saenos cara aos veciños de Lugo” deste xeito o concelleiro do PP Manuel López responde ao anuncio de que se van a reparar pistas no rural de Lugo. “É vergoñento que saquen peito de que van a investir en rexenerar estas vías cando saben que podían telas xa reparadas a coste cero”. López explica que as tres pistas que inclúen no programa de repavimentación son exactamente as mesmas que incorporaron á petición de axudas do Plan de Mellora de camiños municipais de 2019 da Xunta e que “perderon por non cumprir os requisitos da convocatoria”.

“Como non tiñan a conta xeral do exercicio de 2017 aprobada quedaron no camiño os 95.000 € que solicitaban” matizou. López asegura que no PSOE “todo é postureo” mentres que o BNG ponse de perfil e cala diante de semellante despropósito.

López pídelle ao bigoberno que lles digan aos veciños a verdade que non é outra que “obrigarnos a todos a pagar unhas obras que podían estar subvencionadas pola Xunta de Galicia”. De feito se non perderán a subvención da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural as pistas de Barbaín que enlaza coa estrada da Deputación en Buratai, en Bóveda; a pista que vai dende a estrada de Portomarín a  Argonde en San Xoán do Campo e a pista que vai dende a vía de servizo na Nacional VI ao Cuco en Conturiz  xa estarían feitas dende o pasado 16 de setembro, que era a data do remate que se preveía na convocatoria”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies