transparencia

O PP critica que Lara Méndez incumpra o 90% dos acordos plenarios, nunha mostra da falta de respeto ao pleno e vontade de mellorar a calidade de vida dos lucenses

By 12 abril, 2019mayo 8th, 2019No Comments

O voceiro popular Antonio Ameijide denuncia que das 107 proposicións aprobadas dende o inicio do mandato a iniciativa do PP “só cinco se executaron e noutras 6 se deron avances mínimos” o que amosa unha “alarmante falta de traballo do equipo de Lara Méndez xa que o goberno local non abordou as 96 restantes”

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, denuncia o “alto grado” de incumprimento de acordos plenarios realizado por Lara Méndez, que no que vai de mandato alcanza un grado de incumprimento do 94% dos acordos plenarios aprobados a iniciativa do PP.

Antonio Ameijide explica que no pleno do Concello de Lugo aprobou durante este mandato un gran número de proposicións, presentadas polos distintos grupos políticos que conforman a corporación. A maioría das proposicións se aprobaron por unanimidade, contando incluso co apoio do equipo de goberno, mentres que outras saíron adiante coa abstención ou o voto en contra do mesmo, dada a maioría que representan as demais forzas no pleno. Pero este alto grao de aprobación de proposicións vese “empañado”, dado que as propostas que resultaron aprobadas pola corporación tiveron un escaso cumprimento por parte da Alcaldesa e do seu equipo de goberno.

Por iso, o voceiro popular anuncia que presentarán ao seguinte pleno unha moción para que o pleno do Concello de Lugo censure á alcaldesa e ao equipo de goberno socialista polo incumprimento reiterado das proposicións acordadas por este pleno durante o mandato actual.

No que se refire ao Grupo Municipal do Partido Popular “presentamos ao pleno un total de 119 proposicións”, das cales 107 (90%) foron aprobadas, e 12 (10%) foron denegadas. “O nivel de execución e cumprimento das proposicións que se aprobaron a iniciativa do Grupo Municipal do PP foi moi escaso por parte do equipo de goberno ao longo deste mandato. Do total das 107 proposicións aprobadas só 5 proposicións se executaron, 6 se realizaron ‘a medias’ e un alto porcentaxe delas, case un 90%, non se desenvolveron pola desidia e falta de respeto, á institución e á vontade dos veciños, de Lara Méndez e do seu equipo de goberno”, afirmou o popular.

Antonio Ameijide destaca que a estes datos se engade “a debilidade manifesta” do Grupo Municipal Socialista que con oito concelleiros de vintecinco quixo gobernar en minoría esta institución a sabendas de que non contaría con suficientes apoios para a súa labor de goberno.

Entre as propostas presentadas polo Grupo Municipal do PP e que se aprobaron destacan as seguintes:

1. Ausencia dun sistema de rotación do aparcamento gratuíto
2. A non creación dunha ordenanza para controlar a actividade de gorrillas
3. A parálise na necesaria renovación integral do sistema de transporte urbano e creación e convocatoria dunha mesa de traballo na que estean presentes todos os grupos
4. A ausencia dunha zona pública de baño no río Miño
5. Seguimos sen un plan para o aproveitamento das instalacións municipais sen uso
6. non acondicionamento dun aparcadoiro no Barrio da Ponte nas inmediacións do paseo do Miño
7. Falta de transparencia e participación na contratación do Concello a non implantar un sistema aberto de adquisición para contratos menores mediante unha aplicación web e móbil
8. A desatención dos lucenses afectados pola ocupación ilegal das súas vivendas ao non crear o Concello unha oficina de asesoramento en materia de vivendas afectadas por okupas ilegais.
9. Concello de Lugo segue sen ter en funcionamento do sistema de control horario do persoal municipal

Ante esta situación, Antonio Ameijide recrimínalle á alcaldesa a súa postura de “tentar dirixir” o Concello de Lugo instalada na “minoría absoluta”, amosándose en todo momento incapaz de chegar a acordos, que ten o seu maior exemplo na “ausencia total” de diálogo para tentar aprobar os proxectos de orzamentos.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies