Economíatransparencia

El PP critica la bipolaridad del gobierno de Lara Méndez, que hace 15 días apoyó la expropiación de Pedro Sánchez y ahora se muestra en contra

By 13 agosto, 2020No Comments

El concejal Grupo Municipal del PP Antonio Ameijide señala que la regidora sigue haciendo la veleta desdicíndose ahora de la versión que ofreció hace 15 días, cuando en el pleno optó por anteponer los intereses de Pedro Sánchez a los de los lucenses, al negar su apoyo la una iniciativa del PP que pedía el apoyo de la corporación para rechazar cualquier medida tendente a apropiarse de los ahorros acumulados por los lucenses

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, amosouse sorprendido polo xiro de temón dado por Lara Méndez, despois de que a rexedora asegurara que non prestará ao Goberno de Pedro Sánchez os remanentes de tesourería do Concello de Lugo.

Antonio Ameijide amosa a súa sorpresa, non porque esta decisión sexa a que leva pedindo o Grupo Municipal Popular desde que se coñeceu a intención de Pedro Sánchez de apropiarse dos aforros das entidades locais, se non porque hai 15 días Lara Méndez votou en contra dunha iniciativa plenaria do PP na que se pedía, entre outras medidas, que a corporación municipal amosara “o seu profundo rexeitamento a calquera medida tendente a apropiarse dos aforros acumulados polos veciños do concello, tanto de forma directa como vía subscrición de préstamos das entidades locais ao Estado para devolver a longo prazo”.

O vicevoceiro popular critica a Lara Méndez xa que “cada día dá unha versión diferente” no que se refire ao superávit, e despois de ver a postura en contra de moitos alcaldes socialistas “non tivo máis remedio que negarse tamén a ceder os aforros do Concello”, pese a que hai 15 días puxo os intereses de Pedro Sánchez por diante dos intereses dos lucenses. “Está claro que cada día é máis difícil seguir o ritmo dos cambios de criterio e mentiras de Lara Méndez, os lucenses non merecemos unha alcaldesa que vai a bandazos”, afirmou.

Neste senso, desde o Grupo Municipal Popular preguntan a Lara Méndez se este cambio de opinión vén obrigado polo BNG, que no pleno de hai 15 días votou en contra da iniciativa que defendeu o Partido Popular, pero que xa cambiou de opinión, polo que é posible que sexan a razón do cambio de rumbo de Lara Méndez. Por iso, o Grupo Popular defenderá unha nova iniciativa no pleno para que PSOE e BNG expresen claramente se están a favor da expropiación que pretende Pedro Sánchez ou non.

Incluso, o popular critica á rexedora porque ata hai unhas semanas defendía que non podía empregar os aforros do Concello, culpando directamente a un ex ministro de Mariano Rajoy, mentres agora cae víctima das súas propias mentiras, porque agora afirma que pode gastalos integramente.

Para os populares sempre estivo claro que a intención do Goberno central de incautar os remanentes e o superávit do Concello era unha “chantaxe”, co único obxectivo de Pedro Sánchez e Pablo Iglesias de empregar os aforros das entidades locais para financiar as campañas en favor dos seus amigos.

Antonio Ameijide afirma que sempre estivo claro que o acordo que propoñía o Goberno de Pedro Sánchez “era unha manipulación” polo que sempre nos amosamos en contra desta medida, algo que non fixo Lara Méndez, “que primeiro votou en contra de rexeitar esta medida, pero que agora subscribe o acordo proposto polo PP”. “Sempre defendemos que os aforros dos lucenses tiñan que destinarse a medidas que beneficiasen aos lucenses, e non hai máis volta de folla”, sentenciou.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies