InfraestructurasTráficotransparencia

El PP convoca a los grupos de la corporación a una reunión para estudiar la suspensión del decreto de cierre del Ánxel Fole

By 19 septiembre, 2019septiembre 26th, 2019No Comments

El portavoz del Grupo Popular anunció que, tras reunirse con los colectivos afectados por la amenaza de cierre de este aparcamiento privado, incorporará “una enmienda de adición a la proposición que vienen de elevar al pleno en la que ofrecen una alternativa concreta para habilitar más de 800 plazas en bolsas de suelo a 500 metros del entorno del Recinto Amurallado”

O voceiro do Grupo Popular invita a todos os grupos da corporación a participar nunha reunión para estudar a suspensión temporal do decreto de peche do Ánxel Fole. Ramón Carballo explicou que, logo de consultar con expertos de urbanismo, se confirma que “existen opcións legais de suspender temporalmente o peche xa que a lexislación ampara a instalación de equipamentos deste tipo con caracter anticipado á xestión do polígono”.

O voceiro do PP explica que “nun tema de tal gravedad e que afecta ao futuro do Casco Histórico debemos traballar de forma consensuada para buscar solucións inmediatas e evitar máis prexuizos aos veciños, comercio e hostalaría local”.

Os populares teñen o convencemento de que “se hai vontade política cabe suspender a orde de peche e proceder á regularización da situación con arranxo ao criterio do interese público que, neste caso, vén dado pola necesidade de contar cunha dotación de aparcamento público imprescindible para un ámbito como o do recinto amurallado”. Carballo lembra como existen antecedentes de casos nos que o Concello actuou como edificacións do Campus Universitario que foron levantadas antes de que finalizase a adquisición dos terreos e de que se aprobasen os proxectos de urbanización; o Centro de Saúde da zona de Fontiñas que foi obxecto de cesión por parte dos propietarios da Unidade de Actuación CS 19 para a súa construción antes de que se aprobase o seu planeamento e proxectos de equidistribución e de urbanización. O instituto de Casás que foi construido tras ser postos a disposición os terreos ainda que se trataba dun Suelo Urbanizable non Programado sen ningún tipo de ordenación ou as propias Oficinas Municipais da Ronda da Muralla que foron cedidas polo Obispado e rehabilitadas antes da ordenación e gestión da Unidade de Actuación CS 6.

De forma paralela a este encontro e para cumprir o compromiso dado ás entidades afectadas polo peche do Ánxel Fole, coas que o PP se reuniu o pasado martes, o Grupo Popular anuncia que presentará unha enmenda de adición á proposición que veñen de rexistrar. Lembrar que a iniciativa do PP ofrecía unha alternativa para crear máis de 800 prazas de aparcamento nun radio duns 500 metros do entorno do casco histórico conveniando con propietarios de parcelas sen uso. A enmenda de engadega xurde a petición dos afectados “trala reunión mantida por representantes do Grupo Popular con distintas asociacións cidadás, de comercio e de hostelería e logo de que os afectados reclamasen solucións a esta nova problemática decidimos ampliar un novo punto á proposición que debatiremos no pleno do vindeiro xoves”. O punto que se incorpora é “solicitar ao Equipo de Goberno que poña todos os medios para impedir o peche desta dotación, imprescindible para o Casco Histórico toda vez que existe un respaldo legal que ampara a súa instalación con carácter anticipado á xestión do polígono, estudando a posibilidade de proceder á suspensión temporal do decreto de peche e iniciando contacto coa propiedade en orden a tal fin.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies