Personaltransparencia

El PP confirma que Lara Méndez y Daniel Piñeiro son los ediles que más quejas generan entre los lucenses Palabras descoñecidasCopiar

By 20 diciembre, 2018diciembre 21st, 2018No Comments

El portavoz del Grupo Municipal del PP Antonio Ameijide explica que Méndez y Piñeiro son los concejales que más quejas generan y tienen sin respostar, acumulando 101 (42 Lara Méndez y 59 Daniel Piñeiro) de los 139 informes pendientes de respuesta lo que ponen de manifiesto a descuido de ambos en las áreas que gestionan

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, explica que tanto Lara Méndez como Daniel Piñeiro seguen a “paralizar” a actividade municipal, nesta ocasión a través da ausencia de resposta das queixas remitidas por lucenses ás áreas que ambos xestionan.

Antonio Ameijide afirma que hai, a día de hoxe, 139 queixas de lucenses agardando por resposta, acumulando entre Méndez e Piñeiro 101 desas queixas, o que demostra “a lentitude” coa que resolven os socialistas os problemas dos cidadáns, o que pon de manifesto “o nulo interese que ambos teñen por escoitar aos lucenses”.

O voceiro popular destaca que entre só dous concelleiros acumulan o 73% das queixas dos lucenses e que o retraso en respostar aos informes remitidos polos cidadáns pola súa xestión seguramente sexa un indicativo de que “tanto Lara Méndez como Daniel Piñeiro están máis preocupados por resolver o seu futuro xudicial que de solucionar os problemas que se lles presentan nas súas áreas de goberno”.

No último mes os lucenses remitiron 47 queixas ao Concello, sendo os principais problemas denunciados polos lucenses os comedores escolares, o transporte urbano, as obras da Milagrosa e a limpeza.

Entre as principais queixas destacan os problemas denunciados por pais e nais dos usuarios dos comedores escolares. Horarios insuficientes, menús pouco axeitados e un trato “mellorable” aos pequenos son os principais cabalos de batalla dos proxenitores.

As obras da Milagrosa tamén xeran numerosas queixas entre os lucenses. Moitos cidadáns denuncian as “voltas” que teñen que dar para acceder a rúas ás que chegaban a través da rúa Mallorca e a Praza da Milagrosa, cousa que agora non sucede, polo que solicitan unha nova redistribución do tráfico, ao igual que fixo o Grupo Municipal do PP. Ademais, as obras nesta praza supuxeron unha modificación de varias liñas de transporte urbano, o que agora xera queixas entre os cidadáns xa que se modificaron moitos horarios dos buses, o que supón “un problema” para os lucenses.

E o transporte urbano tamén xera protestas noutro senso. Algún usuario do transporte urbano pediu ao Concello que adaptase novas formas de pagamento, ao igual que xa fixeron numerosos establecementos privados. Piden que se adopten formas de pago como o ‘Apple Pay’ para poder pagar o billete de autobús, algo ao que o goberno socialista se pechou en banda.

Doutra banda, Antonio Ameijide explica que a comisión de queixas e suxestión non se puido levar a cabo por mor da folga de funcionarios, xa que debido á falta de persoal foi “imposible” desenvolver a comisión. “Pese a que Lara Méndez siga empeñada en dicir que a folga do persoal municipal non afecta ao normal funcionamento do Concello, hoxe quedou claro que está a enganar de novo á cidadanía, xa que non se puido celebrar unha das comisións programadas”, finalizou o popular.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies