Cultura

El PP apremia al gobierno local a adjudicar las luces navideñas para impulsar el comercio local

By 15 octubre, 2020No Comments

La concejal popular Beatriz Vázquez explica que “ ainda que queda mucho para el Nadal, con los antecedentes de este bigoberno, urge iniciar la tramitación del alumbrado ornamental para no quedarnos atrás” desvelando cómo “en la mayoría de las grandes ciudades gallegas como A Coruña, Ourense, Pontevedra, Ferrol y Vigo, ya iniciaron el proceso”

A concelleira popular Beatriz Vázquez afirma que “ainda que queda moito para o Nadal, á vista da última neglixencia do goberno local a conta do fiasco da iluminación do San Froilán, reclama que se inicie canto antes o proceso de contratación do alumeado navideño”. De feito, a popular indicou que hai un acordo de pleno, do ano 2018, no que toda a corporación, votaba a favor dunha petición do PP para que os procesos de contratación cunha periodicidade fixa, como é o alumeado do Nadal, se inicien cunha antelación suficiente ao comezo das actividades ou necesidades”

A popular explicou que “mentres a práctica totalidade das grandes cidades galegas xa teñen adxudicadas ou están en proceso de licitación as luces navideñas, citando os exemplos de A Coruña, Ourense, Pontevedra,  Ferrol e Vigo onde mesmo xa se están a instalar, en Lugo estamos a día de hoxe sen ningún tipo de planificación”.

Vázquez indicou que “dende o Grupo Popular pensamos que, nun Nadal tan atípico como este, é especialmente necesario o alumeado ornamental” matizando que “é preciso devolver a ilusión e o pulso comercial da cidade xa que o pequeno comercio atravesa unha situación moi complicada”. “Hai que incentivar as compras e estimular o emprego local para evitar que continúe o goteo de peches do pequeño comercio en Lugo”, reflexionaba Vázquez

A popular suxire que “as luces navideñas en Lugo se acendan o vindeiro  5 de decembro e que as arcadas non só se coloquen no centro senón tamén en diferentes barrios para evitar aglomeracións de público e fomentar as compras en toda a cidade”.

Para a popular “a iluminación navideña repercute de forma directa na campaña navideña e supón unha oportunidade para apoiar ao pequeño comercio, de aí que inste ao goberno local a poñerse as pilas e impulsar a adxudicación deste contrato nos próximos días”.

Por último solicita que os motivos destas luces teñan unha estética relacionada “cos valores e símbolos tradicionais destas festas” lembrando como o ano pasado se colocou o mesmo alumeado que o das festas patronais no que mesmo se siluteaba a Catedral de Santiago en vez  outros monumentos da cidade como a muralla”.

Os populares manifestaron que a falta de previsión é unha constante con este contrato indicando como en 2018, por falta de dilixencia, Lugo foi a cidade de España que máis tarde acendeu o seu alumeado navideño.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies