transparenciaUrbanismo

El PP apunta a la alcaldesa como única responsable de la “preocupante y vergonzosa” situación del urbanismo de Lugo

By 18 abril, 2021No Comments

Para el portavoz del PP las declaraciones del ex concejal de urbanismo confirman el que el Grupo Popular lleva años denunciando “que con el PSOE en el gobierno local se paralizó el urbanismo en Lugo” y que Miguel Couto se fue “porque la alcaldesa no lo dejó trabajar y desmanteló la reestructuración del servicio propuesta por el concejal imponiendo su criterio en las jefaturas”

O Grupo Popular cre que as explicacións do ex concelleiro de urbanismo sobre a súa marcha do equipo de goberno certifican “a realidade que vimos denunciando dende hai anos sobre o bloqueo de proxectos vitais para o desenvolvemento de Lugo”. O voceiro popular Ramón Carballo asegura que a situación que describe o ex responsable de urbanismo “provoca nos cidadáns unha sensación de desamparo xa que lles acaba de confirmar que non teñen garantías de resolver as licenzas de obra en prazo”.

Carballo afirma que “a alcaldesa debe dar explicacións sobre este terremoto político en urbanismo”. “Aquí non vale a calada por resposta xa que estamos falando de un departamento que manexa expedientes que afectan a economía do municipio, afecta a familias que queren facer una vivenda, aos negocios que venden material de construcción, aos pintores, escaiolistas, tendas de decoración, aos técnicos…”.  O popular asegura que, á vista das declaración de Couto, a alcaldesa debe responder   porque ainda non se completou a documentación do 5% do PXOM ou os motivos polos que non se avanzou para solucionar o Garañón ou a actualización do PEPRI.

O voceiro popular lamenta que a alcaldesa “lonxe de desbloquear o problema do urbanismo en Lugo empeore cada día que pasa o funcionamento do servizo”. Carballo lembraba que xa vai polo quinto concelleiro do PSOE e seguimos falando dos mesmos problemas que hai 20 anos. “Agora non o di o PP o di un lucense que foi responsable de urbanismo, que recoñece que en Lugo o urbanismo é por pegas e atrancar”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies