El concejal del Grupo Municipal del PP Antonio Ameijide lamenta que el proyecto presentado por Lara Méndez no tenga visión global de ciudad, al centrarse en menos del 20% de la ciudad, actuando so en una parte del municipio olvidando totalmente el campus, los centros de formación profesional, los centros educativos y el casco histórico, todos ellos puntos en los que la ciudadanía demanda itinerarios seguros en bicicleta

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, da a benvida ao proxecto anunciado pola alcaldesa, de realizar un carril bici de 14 quilómetros pola cidade, xa que se trata dunha vella reclamación do Partido Popular, pero pide á rexedora que “lle dea unha volta ao proxecto” xa que vai a eliminar case 350 prazas de aparcamento na cidade, a pesar de todos os problemas que a diario teñen os lucenses para poder estacionar nas rúas.

Antonio Ameijide explica que o proxecto, que se licitou por 1.226.979,93€, contempla a eliminación de 336 prazas de estacionamento en só 14 rúas da cidade (Paseo do Miño, Dona Urraca, Pintor López Guntín, Río Ulla, Rúa da Saúde, Rúa Azalea, Fonte dos Ranchos, Marqués de Ombreiro, Xermán Alonso, Rúa Orquídea, Rúa Ameneiro, Río Navia, Concepción Arenal e Frai Plácido Rei Lemos). De novo nos atopamos como lle dan luz verde aos proxectos se presentar alternativas ao tráfico, xa que unicamente prevén a creación de 95 prazas de estacionamento en dous novos aparcadoiros disuasorios “xustamente nas zonas nas que menos problemas hai para deixar o coche”.

O concelleiro popular sinala que estudiando polo miúdo o proxecto vemos como só se centra nunha zona da cidade, polo que as case 350 prazas de aparcamento que desaparecerán se concentran nunha zona da cidade, con edificios antigos, carecendo a maioría deles de garaxe, polo que os veciños afectados non terán alternativas, nin opción de alugar unha praza, debido a que nesta zona practicamente non hai opción. “Están a facer política para uns poucos, xa que o plan de carrís bici que queren desenvolver só da cobertura a menos do 20% da cidade e esquece totalmente o campus, os centros de formación profesional, os centros educativos e o propio centro da cidade, todos eles puntos nos que a cidadanía demanda itinerarios seguros en bicicleta”, apuntou.

Se de verdade queremos un Lugo máis accesible temos que mirar por facer unha cidade accesible a nivel global “non quedarnos só nunha zona”. “Favorecer os desprazamentos en bicicleta é algo que levamos anos pedindo desde o Partido Popular polo que instamos a Lara Méndez a ter altura de miras e facer un proxecto global de carril bici para toda a cidade, un proxecto que una Lugo e que, ademais, garanta a seguridade de todos, peóns, ciclistas e condutores”, afirmou.

Ameijide recorda que cando Lara Méndez decidiu presentar este proxecto, en maio de 2018, desde o Grupo Popular xa se dera unha boa acollida a esta idea, pero que non se podía realizar a costa de eliminar prazas de aparcamento. Naquel momento, tras estudar a proposta de Méndez, avisaramos da posible desaparición de máis de 500 prazas de estacionamento, unha cifra da que non nos desviamos moito, xa que pese a que agora anuncian a desaparición de 336 prazas de aparcamento, isto unicamente se debe a que o proxecto real non é tan ambicioso como o que anunciaran no seu día.

Naquel momento, a rexedora anunciara un proxecto que afectaba a 2.354,5 metros lineais de prazas de estacionamento, o que suporía a desaparición de 523 prazas, pero agora o proxecto licitado só afecta a 1763,5 metros, polo que a diminución so se debe a un rebaixe nas pretensións da alcaldesa. “No seu momento nos cualificaron de mentirosos e de alarmistas, pero o tempo danos a razón. Estamos a favor do carril bici en Lugo, pero non a costa de suprimir prazas de estacionamento nunha cidade como Lugo, na que aparcar é practicamente misión imposible. Un proxecto destas características ten que acompañarse de alternativas ao estacionamento”, sentenciou.

Antonio Ameijide pon de relieve a perda de prazas de estacionamento que se producirá nunha zona como A Residencia, onde se perderán 322 prazas para aparcar, unha zona na que “son e serán moi necesarias” xa que alí se abrirá un centro de saúde, un PAC, unha residencia para persoas da terceira idade, unha oficina de emprego e un centro de emprendemento.

 

Leave a Reply

19 + uno =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies