Sin categoríatransparencia

El PP afea a la alcaldesa por incorporar el acto de la república dentro de la agenda institucional

By 19 abril, 2016No Comments

El portavoz de los populares Jaime Castiñeira afirma que la puesta en escena de esta efeméride  es fruto del pacto encubierto con ACE y Lugonovo para que ambos grupos le permitiesen aprobar los presupuestos municipales para 2016.

O voceiro do GMPP Jaime Castiñeira afea a alcaldesa por incorporar na axenda institucional do Concello Lugo o acto da conmemoración da República. Jaime Castiñeira reflexionou sobre a posta en escena que tivo lugar onte “á alcaldesa méteronlle un gol na negociación encuberta que tivo cos grupos de esquerdas para conseguir sacar adiante os orzamentos de 2016”.

Para os populares é grave que a alcaldesa socialista, con experiencia política de años, siga sen distinguir cando representa a todos os lucenses e cando representa ao seu partido. “Non temos nada que dicir se o fixesen como un acto de partido pero ao tratarse de algo oficial deberían gardarse unhas mínimas formas” indicando que “nin tan sequera se facilitou o texto do manifesto, unha práctica habitual para calquera dos actos públicos que se organizan dende o Concello”.

O voceiro popular amosou tamén a súa sorpresa porque a alcaldesa, reivindicase no discurso que onte leu publicamente, a República como o novo modelo de Estado para España considerando que este sería a vía para garantir a democracia e a xustiza social.

Esta é a segunda vez nunha semana na que o Grupo Popular denuncia uso partidista do Concello de Lugo: primeiro foi intentar confundir unha visita política do alcalde de Vigo como reunión institucional e agora, o contrario, intentan maquillar como oficial un acto que é de partido.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies