Economía

El PP acusa a PSOE y BNG de poner trabas a solucionar las reclamaciones de sobrecustes en los recibos de agua

By 17 marzo, 2021No Comments

En la comisión de quejas que se celebra mañana 15 vecinos piden al gobierno local “a devolución del que les cobraron de más en los recibos del agua” y algunos de ellos, tirando de ironía, aseguran que “están en una situación de alarma cuando uno bien de necesidad básica como el agua cotiza, en Lugo, como el oro y la plata en Wall Street”

As reclamacións de lucenses por cobros de máis nos recibos de auga lonxe de solucionarse seguen enquistándose deixando entrever a nefasta planificación do bigoberno no servizo de augas. “O desamantelamento que fixo o PSOE deste departamento está a ter consecuencias na economía familiar de moitos veciños”.

Das quince reclamacións por sobrecuste no recibo da auga que se presentan á Comisión de Queixas de mañá xoves tan só se contestan a dúas delas e “sorprendentemente”  se lles responde que “está BEN LIDO” co que dan carpetazo ás peticións. É moi revelador que a unha destas veciñas se lle advirta que “es necesario que las reclamaciones sean presentadas en el modelo estandarizado”. Esta resposta o que confirma é que “o bigoberno vai poñer todas as trabas posibles para non devolver os cartos que cobraron de máis un cento de lucenses”. Neste caso a afectada recurrirá ao 010 para trasladar a súa queixa (a afectaba preguntaba os motivos polos que en febreiro de 2021 lle cobran 146 € un cifra que duplica a que pagou no mesmo periodo do ano 2020)”. Está claro que “non teñen ganas nin de traballar, nin de solucionar este problema que afecta a máis dun cento de veciños de Lugo

Discriminación tecnolóxica

Noutra orde de cousas os populares explican que co sistema actual de consulta dos importes dos recibos de auga atopámonos cunha “discriminación tecnolóxica” xa que non todo o mundo ten acceso a Internet ou ten habilidades para acceder á información que se publica nunha páxina pouco intuitiva.

Para os populares o concello de Lugo debe proporcionar aos veciños “un sistema sinxelo e accesible” para levar a cabo a lectura dos contadores de auga. Neste momento “hai unha discriminación tecnológica brutal xa que só se pode acceder por vía telemática nunha páxina nada intuitiva”. Nós propoñemos crear unha aplicación móvil a través da cal os usuarios envíen unha foto co consumo real do seu lector; tamén se podería habilitar un teléfono para transmitir a documentación ou ben un apartado específico da páxina web do concello para anotar o consumo trimestral.

 

Por último o PP insiste en que é necesario modificar a ordenanza e, entre outros aspectos, indica que “o feito de que non se fale das lecturas estimadas e non haxa un procedemento de cálculo xera indefensión aos afectados, asegurando que como non se marca se o prezo do m3  é mensual ou trimestral tamén provoca indefensión”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies