Economía

El PP abandeira una campaña para ayudar a los ciudadanos a reclamar el cobro de importes indebidos en la factura de agua

By 1 marzo, 2021No Comments

El Partido Popular recibió numerosas reclamaciones de lucenses que se quejan de subidas brutales en las facturas de agua alegando “que el que tienen que pagar es un importe muy superior al registrado, en el mismo periodo del año anterior, cuando el consumo fue el habitual”

O Partido Popular recibiu nas últimas semanas reclamacións de numerosos lucenses aos que o Concello cobrou por un consumo de auga moi superior ao que viña sendo habitual, no mesmo periodo do ano anterior. Ramón Carballo explicaba que “estes cobros indebidos nos recibos son consecuencia da falta de lectura dos contadores motivada pola falta de personal no servizo municipal que os socialistas desmantelaron nos últimos anos”. “Os contadores non se están revisando nos periodos fixados o que provoca que se disparen os importes das facturas” porque se acumulan os consumos, e ao facer o cálculo do recibo saltan ao tramo de facturación multiplicando ou triplicando o custe do m3 de auga”.

Carballo lembrou como a propia ordenanza do servizo establece un prazo de lectura de como mínimo cada tres meses, cando na realidade atopamos casos nos que tardan ata un ano o que provoca un cobro ilícito ao aplicarse unah tarifa de facturación que non corresponde ao consumo realizado.

O Grupo Municipal del Partido Popular, que xa trasladou en diversas ocasións ao goberno local a “necesidade” de solucionar este mal funcionamento do servizo reclamando o seu reforzo e “á vista de que fai oídos xordos a nosa petición” anuncia que promoverá unha campaña para axudar aos veciños e veciñas de Lugo que queiran reclamar a devolución dos excesos de cobros na factura de auga.

Os populares facilitarán un modelo para presentar no rexistro municipal a todo aquel lucense que o necesite asesorándoo de como conseguir que recuperen o diñeiro que o Concello lle cobrou. Se atenderá entre as 10.00 e as 14.00 horas na oficina do Grupo Municipal do PP na Casa do Concello da Praza Maior, ou ben enviando a petición a dirección de correo grupomlugo.pp@lugo.gal

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies