María Elena Candia López

Voceira do Grupo. Área de economía e cultura.

Licenciada en Dereito. Completa a súa formación con outras titulacións de avogacía, xestora administrativa, corredora de seguros e mediadora. En política empezou como concelleira na oposición ata chegar á alcaldía de Mondoñedo. Foi deputada e voceira do Grupo Provincial e, en 2015, chega á Presidencia da Deputación Provincial de Lugo.
Na actualidade é Vicepresidenta do Parlamento de Galicia e Presidenta Provincial do PP de Lugo.

CURRICULUM COMPLETO

Cristina Sanz Arias

Fondos europeos, seguimento do programa Lugo Transforma e asesoramento a empresas e emprendedores

Licenciada en Económicas con postgrado en "Especialización en Xestión e Dirección Comercial de Cooperativas e Pemes” e D.E.A. en Economía e Administración de Empresas.
Ex subdirectora de Investimento do Igape.
Deputada no Parlamento de Galicia.

Enrique Ceferino Rozas López

Vicevoceiro. Áreas de seguridade, participación (atención á cidadanía) e deportes

Xubilado do Ministerio de defensa. Foi xerente do Padroado de deporte do Concello de Lugo (1985- 1999), concelleiro entre os anos 2003 e 2019 e vicepresidente da xunta local así como vicesecretario de política municipal da xunta provincial. Na actualidade vicevoceiro do Grupo Municipal.

Antonio Ameijide Osorio

Áreas de infraestruturas, mobilidade e medio ambiente (área compartida con Silvia Colmenero)

Enxeñeiro civil e de Obras Públicas especializado en Transporte e Servizos Urbanos. Con experiencia de 11 anos asumindo diferentes responsabilidades no Grupo Municipal, sendo na actualidade o seu vicevoeiro. Tamén preside a Comisión de Infraestruturas do PPdG.

Javier Vázquez Prado

Área de educación

Diplomado en maxisterio con experiencia de 27 anos na docencia. Neste momento é xefe de Gabinete da Casa de Galicia de Madrid. A nivel orgánico é Secretario de organización do PP de Lugo.

Flor Rubinos Rois

Atención ás 54 parroquias da zona rural

Directiva da Federación de Asociacións de Veciños de Lugo con máis de 23 anos de experiencia. Presidenta das asociacións ‘Rancho Grande’ en Muxa e ‘San José Polvorín’ nas Gándaras. Vinculada a accións de axuda a mulleres maltratadas no rural e persoas vulnerables.

Silvia Colmenero Guzmán

Áreas de comercio, industria, consumo e medio ambiente (área compartida con Antonio Ameijide)

Enxeñeira Superior Industrial e Graduada en Minas. É funcionaria da Xunta, na que ademais de técnica facultativa é interventora da ITV da provincia de Lugo. Tamén desempeña o cargo de Delegada do Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia.

Ramón Manuel Cabarcos Rodríguez

Áreas de rehabilitación e urbanismo

Director da EASD Ramón Falcón.
Este arquitecto colexiado con Postgrao en Xestión Urbanística e con Cátedra de Ensinanzas artísticas é autor, entre outras, dunha publicación sobre desenvolvemento urbanístico da cidade de Lugo. Doutor en Humanidades.

Agustín Gallego Vigo

Áreas de turismo e promoción do municipio

Empresario del sector de servicios sociais (Yelpa Gal SLU). Curso Superior Universitario na Especialización en xestión pública e xestión privada de servizos sociais y sanitarios. Militante da Asociación Cultural Lugo Sempre.

Aurora Aida Goás Castro

Áreas de muller e igualdade

Médico de medicina familiar e comunitaria. Na actualidade traballa na unidade de hospitalización a domicilio e na de Coidado paliativos do Hula.

Gustavo Enrique Díaz Rey

Áreas de benestar Social, migración e voluntariado

Licenciado en dereito. Membro da Asociación Española contra o cancro e voluntario na pastoral de migración de Lugo e eventos para a dar visibilidade á realidade migratoria.

María del Mar Caballas Piñeiro

Áreas de recursos humanos e atención á infancia e á xuventude

Licenciada en socioloxía; Master Paulo Fabio en Dirección de Recursos Humanos e graduada de Relacións Laborais e Recursos Humanos. Encargada do departamento laboral nunha asesoría. Na actualidade é concelleira do Grupo Municipal e membro da Comisión Permanente de Igualdade do PP de Galicia.