Zona Rural

El PP reitera la necesidad de asfaltar una pista que va de la Tolda de Meilán a la iglesia de esta parroquia

By 4 noviembre, 2019No Comments

El concejal del Grupo Municipal del PP Manuel López explica que el bigoberno municipal sigue ignorando esta petición realizada por el Grupo Popular y por los vecinos de la zona en numerosas ocasiones, a pesar de que se trata de una actuación “pequeña y rápida” ya que hablamos del alquitranado de unos 150 metros

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Manuel López, reitera a necesidade de que o bigoberno municipal realice o asfaltado da pista de Camiño das granxas, que era o antigo camiño que comunicaba a Tolda de Meilán coa igrexa desta parroquia, e que da acceso a varias vivendas.

Manuel López explica que “o idóneo” sería intervir nuns 300 metros de pista, pero “o imprescindible” é que se faga nos 150 metros que constitúen a entrada e saída tanto dunha urbanización como de varias vivendas que se atopan nas inmediacións desta. “Esta pista da servizo aproximadamente a medio cento de veciños e que se ven na obriga de acceder ás súas casas por un camiño de terra, coas dificultades e os danos que isto pode provocar nos seus vehículos”, afirma.

O concelleiro popular lamenta que o bigoberno local aínda non procedese a realizar esta actuación, xa que se levou a comisión en numerosas ocasións e os veciños tamén realizaron diversas peticións para que se leve adiante. “O triste é que tendo os recursos necesarios non se realice, sobre todo se temos en conta que hai poucas semanas que se asfaltaron pistas anexas. Isto demostra que non se planifican con sentido común as obras”, sinala.

Manuel López finaliza asegurando que sendo “algo tan sinxelo de facer” non comprendemos que aínda non se realizase, quizais o problema “é que non da servizo a ningún pedáneo afín ao bigoberno porque de ser así seguro que xa estaría feito”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies