El PP pide al gobierno que se deje de reclamaciones estériles y se esfuerce para evitar perdar nuevas subvenciones

By 29 agosto, 2019 Zona Rural

O concelleiro popular Manuel López puxo de manifesto que os veciños das parroquias de Santa María de Bóveda (pista de Barbaín a Buratai), San Xoan Campo (Argonde) e Conturiz (O Cuco) sufren as consecuencias da falta de xestión do goberno local que “non foi quen de tramitar, en tempo e forma, a achega de 95.077€ do Plan de Mellora de Camiños Municipais 2019-2020 que lle asignou a Xunta ao municipio de Lugo”.

 

“Algo tan necesario” como o arranxo das pistas en aglomerado en quente que dan acceso ás vivendas destes núcleos non se realizará porque o goberno municipal non estivo á altura á hora de presentar a documentación.

 

O segundo capítulo desta historia, e que reflicte que o goberno non está centrado e que actúa ao tum-tum é que “lonxe de admitir o seu erro e a súa ineficiacia, nos sorprenden con que presentan un recurso de reposición a sabendas de que coñecen, de antemán, que a Xunta non pode informar de forma favorable esta petición”.

“É chamativa a forma de traballar deste goberno, dando paus de cego en vez de centrarse e traballar de forma eficaz para que non se perdan  subvencións por falta de xestión”. Primeiro, perderon a achega económica e, en segundo lugar, teñen a ocorrencia de presentar un recurso que de antemán saben que llo van denegar “é unha mágoa que en vez de centrarse estén sobrecargando ao persoal municipal con recursos estériles”.

 

Manuel López puntualizou que “se esta subvención para asfaltado de pistas a tiveran que pedir os veciños das parroquias que non dubiden que a terían solicitada en tempo e forma e, por tanto, estaría concedida”.

 

Manuel López explica que o pasado día 20 de agosto a Xunta  notificou a resolución ao recurso presentado e, tal e como se preveía, se desestimou  xa que a Xunta non puido informar favorablemente porque o goberno non enviou os datos da conta xeral do exercicio 2017 ao Consello de Contas nos prazos marcados pola lei.

 

O concelleiro popular explica que “xa avisamos no seu momento” que poderíamos chegar a esta situación, xa que esta é unha das consecuencias de incumprir o artigo 212 da Lei de Facendas Locais.

 

Desprezo ao rural.- O popular afirma lembra que “este é un novo varapau para o rural” lembrando “a temeridade da alcaldesa por non adherirse este ano ao convenio contraincendios da Xunta perdendo unha achega económica para contratar a dúas brigadas así como axuda para rozas e desbroces”

 

Manuel López tampouco comparte esta decisión sobre todo tendo en conta que “Lugo é o terceiro municipio da provincia cunha coa zona rural máis ampla, só por detrás de Vilalba e A Fonsagrada” e que é “o único que ten unha  parroquia clasificada de alta actividade incendiaria”.

 

O edil do PP está perplexo porque é a primeira vez que Lugo perde esta oportunidade de contar con máis medios para loitar contra os incendios forestais quedando fóra das axudas que concede a Xunta e que este ano sumaron 3 Millóns de euros para toda a provincia

Responder

cinco − 3 =