Economía

El PP pide a Méndez y Arroxo que se sumen a la reivindicación contra la intervención de Sánchez en los ahorros del Ayuntamiento

By 24 julio, 2020No Comments

El Partido Popular considera una “tomadura de pelo” la propuesta de Sánchez “de financiar  su goberno mediante los ahorros de los ayuntamientos  en vez de permitir que los municipios utilicen sus remanentes para hacer frente a los gastos sociales que provocó la crisis sanitaria del covid en su municipio”.

A xuizo do Partido Popular a intención do Goberno de incautar os remanentes e o superávit do Concello é un asunto “moi grave que debemos analizar no pleno con luz e taquígrafos”. A concelleira popular Cristina Abades explica que na proposición que presentan a pleno solicitan un pronunciamento claro da corporación para que manifeste o “profundo rexeitamento do concello de Lugo a calquera medida tendente a apropiarse dos aforros acumulados polos veciños do municipio, tanto de forma directa como vía subscrición de préstamos das entidades locais ao Estado para devolver a longo prazo”.

Abades advirte que “Sánchez quere enganar aos concellos saltándose o consenso de todos os alcaldes de diferentes grupos políticos acadado no seo da FEMP en relación ao destino dos aforros municipais” e, por iso, reclama que “o Ministerio de Facenda cumpra coa totalidade do acordo consensuado por todas as forzas políticas, incluído o Partido Socialistas, no seo da Federación Española de Muncipios e Provincias”.

A concelleira popular pide a Méndez e Arroxo que se sumen a esta iniciativa contra a intervención de Sánchez nos aforros do concello asegurando que a proposta do gobierno de España “é unha chantaxe inaceptable que, dende os concellos, non podemos consentir”. “Hai que trasladar un acordo unánime claro e por escrito de que queremos liberdade á hora de dispoñer dos aforros dos lucenses”, concluía a edil popular.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies