El PP lamenta el cambio de postura del BNG con respeto al Garañón, al votar en contra del acuerdo que Arrojo había firmado y había apoyado hace unos meses

El Grupo Municipal del Partido Popular lamenta el cambio de postura tomado por el BNG al votar en contra del acuerdo que había firmado y había apoyado hace unos meses con respeto al Garañón, una postura que confirma que Rubén Arrojo y su grupo son la «muleta» que precisa Lara Méndez al frente del Ayuntamiento de Lugo.
Palabras descoñecidasCopiar

En 2017 comunícase ao Concello de Lugo a firmeza do fallo da sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que anula a ordenación urbanística da unidade de actuación CS-5, e, a día de hoxe, o cumprimento desa sentenza é algo polo que seguimos agardando todos os lucenses.
Lugo demanda unha acción inmediata por parte do goberno bipartito do Concello de Lugo e así determinar o futuro da unidade de actuación CS-5, popularmente coñecida como O Garañón.
Á vista de que comezamos un novo mandato, presentamos esta moción para dar solución a un dos problemas que levamos anos arrastrando en Lugo debido á política en materia urbanística dos diferentes gobernos socialistas que tivo a cidade, polo que entendemos necesario recuperar, poñer en funcionamento, nomear representantes dos diferentes grupos e convocar de xeito inmediato a Comisión Especial do Garañón para a defensa dos intereses dos lucenses neste caso.
Con esta iniciativa, dende o Grupo Municipal Popular queremos desbloquear a situación na unidade especial CS-5 que, tras diversas sentenzas xudiciais, segue sen haber unha solución ao problema xerado polos diferentes gobernos socialistas de Lugo.
É preciso que nesta comisión se acorden os pasos a dar por parte do Concello de Lugo para repoñer a legalidade e minimizar o custe para as arcas municipais. Ademais, entre todas as forzas políticas presentes no pleno debemos acordar un cronograma e o modelo de actuación, sempre consensuado e tomando como guión o acordo do pleno do Concello de Lugo, de data 29 de novembro de 2018, no que se acordou que:
“Que por parte do Concello de Lugo se inicie, con medios propios, un estudo de alternativas para a tramitación da modificación puntual da Unidade de Actuación CS-5 ( URPI 58 no PXOM) na que como criterios prioritarios se fixen:
A menor incidencia económica posible para as arcas municipais.
A conversión en zona verde da maior superficie posible.
O menor impacto visual da edificabilidade resultante no caso de que esta edificabilidade exista”

Ademais de buscar a reposición da legalidade e dar unha solución a este problema urbanístico, é preciso que mentres se dea unha solución ao problema de seguridade que nas últimas datas vimos nos medios de comunicación.
Por iso, o goberno local debe garantir a vixilancia e a seguridade na zona para que non accedan persoas non autorizadas a esta parcela, co conseguinte risco para a seguridade das persoas.

PROPOSTA DE ACORDO PLENO

1. Creación e convocatoria urxente dunha Comisión Especial do Garañón con representación de todos os grupos da corporación para a defensa dos intereses de todos os lucenses no caso Garañón.

2. Dar cumprimento do acordo do pleno con data 29 de novembro de 2018 no que se acordou “iniciar, con medios propios, un estudo de alternativas para a tramitación da modificación puntual da CS-5 (URPI 58 no PXOM) na que como criterios prioritarios se fixen: a menor incidencia económica posible para as arcas municipais; a conversión en zona verde da maior superficie posible; o menor impacto visual da edificabilidade resultante, no caso de que esta edificabilidade exista”

3. Que o Concello de Lugo reforce e implemente a vixilancia do estado da construción e dos seus accesos para evitar a entrada das persoas e os riscos para a poboación.

Responder

dieciseis + 17 =