El PP insta al bigoberno a retirar de Esperante residuos que llevan más de un mes del lado de los contenedores

By 4 enero, 2020 Zona Rural

El concejal del Grupo Municipal del PP Manuel López ponen voz las numerosas quejas de los vecinos de esta parroquia lucense que exigen al bigoberno a la retirar electrodomésticos y colchones que se encuentran a un lado de los colectores de la basura desde hay más de un mes

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Manuel López, pon voz ás reiteradas queixas dos veciños de Esperante que esixen ao bigoberno local a retirada de electrodomésticos e colchóns da zona na que se atopan os colectores do lixo, xa que estes residuos levan máis dun mes nesta zona.

Manuel López insta ao bigoberno a ter “unha mínima preocupación” polas parroquias do rural, xa que este tipo de residuos poden provocar graves danos medioambientais. “Non é de recibo que este tipo de residuos, e outros tamén moi contaminantes, leven semanas sen recoller. É imprescindible retiralos no menor tempo posible para evitar calquer tipo de dano ao medio ambiente”, sinalou.

Este tipo de imaxes nas parroquias do rural lucense se engaden aos numerosos vertedoiros incontrolados denunciados recentemente polo Grupo Municipal Popular, tendo o seu máximo expoñente no antigo vertedoiro do Carqueixo e os seus arredores, zona na que se acumulan centos de toneladas de residuos que poden provocar importantes danos ao medio ambiente.

Responder

16 − 13 =