Economíatransparencia

El PP denuncia que Lara Méndez pagó durante lo Estado de Alarma el 81% de las facturas fuera de plazo, un claro desprecio a autónomos y empresas

By 21 mayo, 2020No Comments

El concejal del Grupo Municipal del PP Antonio Ameijide explica que la nefasta gestión que Lara Méndez está realizando durante lo Estado de Alarma propició que el período medio de pago en el Ayuntamiento de Lugo se situara en los 104,82 días, muy por arriba del 30 días marcados por la ley

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, critica a actuación de Lara Méndez que, unha vez máis, despreza a autónomos e pequenos empresarios que prestan servizos para o Concello de Lugo, ao pagar fóra do prazo legal marcado pola lei o 80,91% das facturas, o que levou a que o goberno local pague as facturas nunha media de 104,82 días, un prazo moi superior aos 30 días que establece a lei.

Antonio Ameijide explica que estes datos se debaterán na vindeira comisión de contas que se celebrará no Concello de Lugo, pero que os datos “son moi preocupantes” para o Grupo Municipal Popular, sobre todo na actual situación de alerta sanitaria, na que moitos cidadáns están a pasar por situacións moi complicadas, polo que o Concello de Lugo “debería de dar exemplo”e cumprir coas súas obrigas como é pagar en prazo a quen presta un servizo para a administración”.

O datos que se porán sobre a mesa na comisión de contas amosan como Lara Méndez cumpriu coa súa ameaza de “incumprir a lei”, xa que hai varias semanas que anunciou que pagaría as facturas a todos o autónomos e pequenos empresarios nun prazo de dous meses. “É incrible que a única promesa que cumpre Lara Méndez é unha ilegalidade, xa que ten que pagar as facturas nun prazo de 30 días de acordo coa lei”, afirma.

Uns datos que empeoran ao comprobar como o Concello de Lugo adebeda a autónomos e pequenos empresarios de Lugo 4.794 facturas por valor de 9.880.550,35€, a pesar de que a liquidación do orzamento amosa que o goberno local ten a súa disposición nas contas bancarias 51M€. Neste senso, das 4.794 facturas que Lara Méndez ten sen pagar, 4.073 xa incumpren o prazo legal de pagamento “o que pon de manifesto a súa neglixente xestión municipal”.

Uns datos que sitúan o período medio de pago pendente en 192,32 días (no último trimestre do ano era de 161,74 días), o que amosa “o deixamento” da rexedora nas súas funcións. Neste senso, o concelleiro popular recorda como a tesoureira municipal segue a reiterar que esta situación non se debe a que “non existe un problema de liquidez nin imposibilidade financeira ningunha para poder afrontar os pagamentos municipais”. Un informe no que se engade que “os incumprimentos en materia da normativa de morosidade neste momento están a reflectir unha deficiente e lenta xestión interna na tramitación administrativa das facturas pero en ningún caso un problema financeiro ou de liquidez para atender en prazo os pagamentos”. Por iso, a tesoureira sinala que “reitérase a necesidade de tramitar nos prazos establecidos na normativa de morosidade as facturas que están pendentes así como as que entren por rexistro de entrada para evitar incumprimentos”.

Incluso, o servizo de tesourería municipal engade que “o importe das facturas das compañías eléctricas historicamente supón a maior parte do importe das facturas pendentes de pago, tendo cando se lles presta conformidade nalgúns casos máis de 365 días de espera, e que de ser conformadas, deben aprobarse no Pleno Municipal mediante un recoñecemento extraxudicial de crédito o que alonga máis os seus prazos de pagamento”. Unha afirmación que dá a razón á unha vella reclamación do Grupo Municipal do Partido Popular, como é “a licitación dun prego de condicións para a contratación do subministro eléctrico municipal”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies