Cultura

El PP denuncia que la menos dos meses para San Froilán el BNG cerró las patronales por vacaciones

By 5 agosto, 2019agosto 6th, 2019No Comments

El concejal del Grupo Municipal del PP Javier Vázquez explica que su grupo propuso en la comisión crear el premio San Froilán de Oro, un galardón que tiene como objetivo “dar un reconocimiento” la una persona de fuera del Ayuntamiento de Lugo que trabaja en pro del crecimiento del San Froilán o del municipio a través de calquer tipo de actividad

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Javier Vázquez, denuncia que a menos de dous meses para que comece o San Froilán (este ano o feiral abrirá do 3 ao 13 de outubro) o BNG optou por pechar as patronais por vacacións.

Javier Vázquez critica que iso é o que quedou patente esta mañá durante a xuntanza da comisión de festas, na que se evidenciou a “falta total de traballo e de interese” do goberno bipartito polo San Froilán, xa que unicamente hai unha contratación pechada para as patronais, a polémica actuación de Def con Dos, unha actuación que so ten fins políticos.

Ante a situación que se evidenciou esta mañá na comisión de festas, o concelleiro popular lamenta “o solar” no que o PSOE converteu o San Froilán, xa que non “deixaron ningún acto de programa pechado”, unha situación que vai en sintonía coa “falta de traballo” amosada polo BNG, que despois de tomar posesión do cargo hai case dous meses, tan so optou por “xerar polémica” coa única actuación pechada ata o momento.

E mentres o goberno bipartito evidencia “unha alarmante falta de traballo” en prol das patronais, dende o Grupo Municipal do Partido Popular xa se presentaron e rexistraron catro escritos con máis de 20 propostas encamiñadas a facer do San Froilán “unhas festas para todos”.

Unha das proposicións máis destacadas é a de crear o premio San Froilán de Ouro, un galardón que ten como obxectivo “facer un recoñecemento” a unha persoa de fóra do Concello de Lugo que traballa en prol do crecemento do San Froilán ou do municipio a través de calquer tipo de actividade, xa sexa cultural, científica, deportiva ou doutro tipo. “O que buscamos e que o San Froilán medre e se recupere desa decadencia que evidenciou nos últimos anos. Queremos darlle un novo aire, polo que pensamos que esta proposta só pode ir encamiñada a facer do San Froilán unha festa máis integradora”, explicou.

Ademais desta proposta, o Grupo Popular presentou diferentes opcións de concertos, como poden ser Café Quijano, Leiva, Sidecars, Pablo Alborán, India Martínez, Luz Casal, Joaquín Sabina ou Los Sabandeños, e outras medidas que favorezan que os máis pequenos coñezan a historia das patronais. Por iso, e para facer do San Froilán unha festa que involucre á comunidade educativa proponse organizar para os centros educativos visitas guiadas á capela de San Froilán da Catedral para que os rapaces e rapazas poidan coñecer a biografía do patrón de Lugo, motivo destas festas.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies