EconomíaEducación

El PP denuncia que el inmovilismo del bipartito detiene las obras de accesibilidad en el colegio de las Gándaras

By 26 agosto, 2019No Comments

El concejal del Grupo Municipal del PP Javier Vázquez lamenta que el gobierno bipartito no había desbloqueado aún la partida destinada a la mejora de la accesibilidad en el colegio de las Gándaras, una intervención muy demandada por los usuarios de este centro educativo y por los vecinos del barrio

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Javier Vázquez, lamenta “o pouco interese” do goberno bipartito do Concello de Lugo en acometer as obras prometidas para a mellora da accesibilidade no colexio das Gándaras.

Javier Vázquez explica que o Grupo Municipal Popular pediu un informe ao servizo municipal de intervención para coñecer en que estado se atopaban diversos investimentos prometidos polo anterior goberno socialista en temas educativos e neste informe “descubrimos” que os 60.000€ prometidos para a mellora da accesibilidade no colexio das Gándaras están “totalmente bloqueados”. “Falamos dunhas obras moi necesarias e demandas polos veciños pero que semella non se realizarán nun futuro próximo, xa que segundo se recolle neste informe de intervención os fondos nin están licitados nin asignados”, resumiu.

O concelleiro popular lamenta “o esquecemento” ao que o goberno bipartito somete a numerosos barrios da cidade, xa que hai numerosas actuación que é preciso desenvolver nos barrios pero que semella non se materializarán.

Neste senso, Javier Vázquez lamenta “o pouco interese” amosado polos sucesivos gobernos socialistas na mellora dos centros educativos nos que teñen competencias, unha “herdanza do caos” que agora recolle o edil do BNG Felipe Rivas que, polo momento, “non fixo nada por cambiar a situación” porque aínda non se pronunciou ao respecto de ningún destes ou doutros proxectos.

Javier Vázquez sinala que “estamos ás portas do comezo do curso escolar” e aínda non sabemos os proxectos que ten o goberno bipartito en materia educativa para os vindeiros meses, unha mostra máis “do seu desinterese e falta de traballo”. “Semella que dende o goberno municipal a liña a seguir é o boicot e poñer trabas, algo que contrasta cos investimentos e as realidades que se poden comprobar por parte do goberno galego”, explicou.

Neste senso, o edil popular recorda que dez colexios e institutos da cidade de Lugo se beneficiarán dunha achega de máis de 181.000€ que aporta a consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

Unha inversión que se vai a destinar a obras de mellora das instalacións de centros educativos, intervencións que se seleccionaron en base aos distintos requirimentos trasladados pola comunidade educativa.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies