El PP denuncia que el gobierno local está resolviendo en un promedio de dos años las reclamaciones por responsabilidad patrimonial

By 13 agosto, 2019 Economía, transparencia

Desde el Grupo Municipal del Partido Popular explican que, en lo que va de año, el gobierno local resolvió 9 reclamaciones por responsabilidad patrimonial, teniendo un plazo medio de resolución de 744 días, una cifra que supera “con creces” los seis meses estipulados por la ley

O Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo pon sobre a mesa, unha vez máis, a incapacidade do goberno local para dirixir o Concello de Lugo e nesta ocasión toma como exemplo as reclamacións por responsabilidade patrimonial presentadas por lucenses ante o Concello, reclamacións que o goberno ten que resolver nun prazo de seis meses, pero que a súa incapacidade provoca que no que vai de 2019 as resolva todas fóra de prazo.

Os populares explican que nos meses que levamos de 2019, o Concello de Lugo resolveu 9 reclamacións por responsabilidade patrimonial, reclamacións que se resolven nunha media de 744,11 días, un pouco máis de dous anos, moi por enriba dos seis meses marcados pola lei, que establece que “as reclamacións por responsabilidade patrimonial teñen que ter unha resposta nun prazo máximo de seis meses”.

Destas reclamacións que se resolveron, catros se estimaron, é dicir, o Concello de Lugo asumiu a súa culpa polo que procedeu a indemnizar aos reclamantes, mentres que as cinco restantes se desestimaron.

Das reclamacións que se estimaron, a que máis se tardou en resolver foi unha reclamación por unha avaría na rede de saneamento na rúa Venancio Senra. Nesta ocasión, o Concello de Lugo tardou 868 días en resolver unha reclamación dun lucense por filtracións de auga da rede municipal. Neste caso, o goberno local tardou demasiado en dar resposta a esta persoa, que tivo que sufrir durante moito tempo as filtracións de auga. Debido aos problemas xerados, o Concello de Lugo tivo que indemnizar a este lucense 624,89€.

Outra das reclamacións estimadas polo concello foi a dunha lucense que sufriu unha caída no paso de peóns que hai na confluencia da rúa Otero Pedrayo coa Avenida da Coruña. Por mor deste infortunio, esta lucense non puido exercer a súa actividade profesional polas lesións sufridas, polo que o Concello de Lugo tivo que indemnizala con 431.66€ e tardou 697 días en resolver a reclamación. Neste caso, o problema debeuse ao mal estado de conservación que presentan as rúas da cidade, xa que esta muller tropezou cun dos moitos buratos que había neste paso de peóns e que, non hai moito, se encheron de grava e agora volven a aparecer.

As outras reclamacións atendidas debéronse a un golpe dunha tapa de rexistro sobre un vehículo e aos danos sufridos por outro coche debido a tarefas de desbroce, reclamacións que se saldaron con indemnizacións de 800,89€ e 150€ respectivamente.

Estas catro reclamacións estimadas polo Concello de Lugo tiveron un custe para as arcas municipais de 2.007,44€.

Para os populares esta demora na resolución destas reclamacións é unha mostra máis da “parálise” á que o goberno local somete a Lugo xa que se trata de reclamacións “sinxelas de comprobar e resolver”. “Non estamos a falar de reclamacións nas que hai que facer investigacións. Son casos nos que hai informes ou peritaxes que certifican as reclamacións presentadas, polo que non terían que demorarse tanto tempo as resolucións”, finalizaron.

Responder

trece − 12 =