El portavoz popular afirma que “el PSOE y BNG quieren crear una guardia pretoriana en puestos estrátexicos que trabaje al dictado de los políticos del bipartito rompiendo con los criterios de objetividad, imparcialidad e independencia de la administración pública ya que pasaron de 3 a 14 los puestos asignados a dedo”

O Grupo Popular explicou que o anuncio da nova RPT “é algo moi necesario e que se tiña que haber feito con anterioridade” recalcando “que foi a falla de planificación e de dirección política o que provocou un caos e un colapso na xestión municipal que sufrimos todos os lucenses nestes últimos 20 anos de gobernos socialistas”.

O popular tamén lamenta que coa nova Relación de Postos de Traballo, que o goberno local presentou aos sindicatos, se intente politizar a xestión do Concello de Lugo “a alcaldesa socialista e o vicealcalde do BNG queren facer o cesto a súa medida”. O popular explicou que, na nova RPT, se abusa dos postos de libre designación xa que “se pasa dos tres que existen na actualidade a catorce”.

O voceiro popular interpreta que “con esta designación a dedo intentan blindar unha garda pretoriana que traballe ao seu ditado”. Carballo cuestiona que “se rache de raíz cos criterios de obxectividade, imparcialidade e independencia da administración públicoa”. “Dos 14 postos de libre designación, salvo o da secretaría de alcaldía, e a auxiliar de secretaría, que son lóxicos, o resto deberían ser por concurso” matizou.

Por outra banda, o voceiro do PP pregúntase de onde obteñen os fondos para a suba xeralizada dos soldos da práctica totalidade do cadro de persoal do Concello de Lugo xa que non hai dotación orzamentaria polo que “agardamos que esta RPT estea avalada polos informes técnicos correspondentes”.

Carballo tamén expresou o seu temor de que a RPT non solucione problemas reais do funcionamento diario dalgúns servizos municipais.“O bigoberno progresista mantén a fórmula das privatizacións xa que non hai reforzos nin en cultura, nin no servizo de augas, tampouco hai reforzos para cubrir ratios de policía e bombeiros; nin se contempla máis persoal en servizos sociais malia que están saturados; desmantélase a brigada de sinalización e mesmo nin planifican para que haxa persoal suficiente para facer os enterros no cementerio de San Froilán os domingos”.

Leave a Reply

1 × 1 =

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies