Tráfico

El PP constata que dar una vuelta a la Ronda de la Muralla a mediados de agosto lleva más de 25 minutos, por lo que pregunta que pasará en el inicio del curso escolar

By 24 agosto, 2020agosto 31st, 2020No Comments

El concejal del Grupo Municipal del PP Antonio Ameijide explica que el pasado viernes me los dice una vuelta a la Ronda de la Muralla aprovechando que en agosto suele haber poco tráfico en Lugo y comprobamos como nos llevó algo más de 25 minutos completar el recorrido, por lo que urge a Rubén Arrojo a tomar una decisión definitiva con el carril peatonal ante lo inminente inicio del curso escolar

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, segue urxindo a Rubén Arroxo a que deixe atrás a súa teima persoal e decida que vai a facer ou dea alternativas para a circulación no carril peonil da Ronda da Muralla, xa que segue a xerar máis problemas que solucións aos lucenses.

Antonio Ameijide explica que o pasado venres decidimos dar unha volta arredor da Muralla pola mañá, unha volta que nos levou “máis de 25 minutos” e iso que se trataba de mediados de agosto, data na que en Lugo adoita haber pouco tráfico. “Non queremos pensar como se pode poñer a circulación en menos dun mes co inicio do curso escolar”, explicou.

O concelleiro popular explica que hai tres puntos conflictivos para o tráfico agora mesmo na Ronda da Muralla. O primeiro deles é o comprendido entre a Praza da Constitución e a Rúa Castelao. Trátase dunha zona con moita densidade de circulación xa que aos vehículos que veñen da rúa Vilalba hai que engadir todos os que se incorporan desde San Roque, polo que os atascos neste punto son frecuentes.

Tamén é conflictivo o treito comprendido entre a Rúa Ourense e a Rúa Santiago. Unha zona na que varias rúas achegan unha gran densidade de vehículos á Ronda da Muralla, polo que o único carril de circulación non pode absorber todo o tráfico que recibe. O outro treito con máis problemas de circulación é o comprendido entre a Rúa Castela e a Avenida da Coruña.

Ameijide explica que desde o Grupo Municipal do Partido Popular nunca nos opuxemos ás peonalizacións, pero este tipo de proxectos hai que facelos con estudos previos e con plans de alternativas para o tráfico. “Non é ningunha solución poñer uns conos na Ronda da Muralla e dicir que só queda un carril de circulación para os vehículos”, afirmou.

O concelleiro popular tamén aproveita para instar a Rubén Arroxo a que se respecte este carril mentres siga vixente, xa que comprobamos como as denuncias realizadas por lucenses de que hai vehículos que aproveitan este carril para adiantar ou estacionar son totalmente verídicas. “Neste percorrido que fixemos atopamos como as motos aproveitan para atallar e ata un vehículo do Concello de Lugo estacionado no carril peonil”, sinalou. te percorrido.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies